Notas de prensa

Rubén Cela anima a avanzar na información xuvenil como espazo de participación, diálogo e debate

O director xeral de Xuventude inaugurou hoxe en Santiago o Encontro Autonómico de Información Xuvenil.

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, animou aos participantes no Encontro Autonómico de Información Xuvenil a avanzar no eido da información, asesoramento e dinamización da xuventude como espazo de participación, de diálogo e de debate. No decurso do acto de inauguración, Rubén Cela salientou a importancia de traballar na información xuvenil no eido rural, urbán e universitario, que constitúen un reflexo da diversidade e a realidade poboacional. Así, Cela adiantou que estes tipos de información terán un lugar preferente no Encontro Autonómico de Información Xuvenil, que se desenvolverá durante os días 17 e 18 de novembro no Centro de Información Xuvenil de Santiago.

Rubén Cela animou aos asistentes a aproveitar a oportunidade que ofrece este encontro para coñecer, participar e debater os aspectos máis interesantes para os informadores xuvenís. Para Cela este encontro serve de espazo para a reflexión e para a apertura de novas vías de traballo a través das cales abordar os temas de maior interese para os mozos e as mozas de Galiza.

Pioneiros en formación

Na súa intervención, o director xeral de Xuventude fixo referencia ás distintas iniciativas postas en marcha polo seu departamento co obxectivo de achegar á xuventude galega a maior información posible relativa ás cuestións que poden ser do seu interese. Nesta liña, lembrou a posta en marcha do primeiro dos centros da rede de información e asesoramento afectivo sexual Quérote, que está situado en Santiago e que terá a súa continuidade a comezos do vindeiro ano coa apertura doutro centro na cidade de Lugo. Ademais, Cela destacou que o boletín de información Infoxove editado pola Dirección Xeral de Xuventude pasou dunha tirada inicial de 6.000 exemplares a unha tirada superior aos 60.000 exemplares na actualidade, ao tempo que tamén se incrementou os espazos de reparto do boletín, que chega xa a máis de 900 centros de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

Rubén Cela puxo tamén de manifesto o compromiso do Goberno galego co fomento dos servizos de información destinados á xente moza. Así, apuntou que Galiza converteuse nunha comunidade pioneira en formación de informadores xuvenís, xa que vén de promover os cursos de especialistas en información xuvenil e de especialistas en xuventude, cuxas ordes se publicaron os días 3 e 8 de novembro no DOG, respectivamente. Trátase dos cursos de maior número de créditos -300 no caso de especialista en información xuvenil e 1.140 para especialista en xuventude- promovidos por unha Administración autónoma e avalados por unha Escola de Administración Públicas. Ademais, tendo en conta as peculiaridades da rede de información xuvenil e as dificultades de desprazamento, optouse porque os cursos teñan unha metodoloxía baseada na formación semipresencial, garantindo así que todos os traballadores teñan as mesmas oportunidades e poidan optar máis doadamente á formación contínua.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, 2006-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES