
Os rapaces e rapazas do Apóstol Santiago recibiron a Óscar Pereiro nun emotivo acto que tivo lugar no colexio. Alí estiveron, ademais dos alumnos e os mestres, o director xeral para o Deporte e Álvaro Pino, director do Karpin Galicia e outros.
Santiago Domínguez afirmou que "o obxectivo é formar cada vez máis practicantes e amantes do deporte, porque así sairán máis campións coma Óscar Pereiro, Javier Gómez Noya ou David Cal". Óscar Pereiro agradeceu a homenaxe e dixo que "este ano vivín os cinco mellores anos da miña vida como ciclista, que de momento, e grazas a vós, aínda continúan".
Bromeando sobre o Karpin Galicia, o ciclista de Mos dixo que "Santiago Domínguez gañoume unha aposta: díxenlle que non sería capaz de crear un equipo profesional galego, e conseguiuno".
Trala intervención de Pereiro, foi a quenda dos rapaces e rapazas, que logo duns momentos de incerteza preguntáronlle a Óscar como foran os seus comezos no ciclismo, que se sente cando se sofre unha "paxara" e ata con que equipo se posicionaba ante o derbi Deportivo-Celta.
No acto tamén se proxectou unha montaxe fotográfica na que se reflectía a carreira deportiva do mellor galego da historia no Tour de Francia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.