
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, participou na Conferencia Sectorial de Administracións Públicas en Madrid onde se estudaron distintas cuestións de carácter técnico e xurídico do proxecto de Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas. Tras a xuntanza, Méndez Romeu salientou a importancia extraordinaria deste proxecto para a evolución da sociedade española e, en especial, para a Administración Pública.
Segundo afirmou o conselleiro é un texto moi avanzado xa que se trata dunha lei moi ambiciosa polo que a Comunidade Autónoma respaldou esta iniciativa participando en todas as fases previas da elaboración da norma. Deste xeito, o departamento dedicado a Administración electrónica da Xunta de Galicia está a traballar xa nas mesmas liñas de traballo que o Ministerio de Administracións Públicas con quen comparte o obxectivo de modificar non soamente o marco de dereitos dos cidadáns en relación coa Administración senón tamén de implantar procedementos de xestión avanzada e outras solucións de carácter innovador.
En canto aos prazos de implantación desta lei, a Administración Xeral do Estado ten prevista a súa aplicación a partir de 2008, mentres que o resto de Administracións deberán aplicala a partir de xaneiro de 2010. Para Méndez Romeu este é un prazo viable para a Administración do Estado, para as Comunidades Autónomas e para os grandes municipios. Ao respecto, o titular de Presidencia, matizou que o Goberno galego fixo un chamamento para que se preste atención especial desde punto de vista financeiro e de cooperación para que asemade os pequenos concellos poidan acceder na data prevista. Deste xeito, se pretende dar pulo a algunhas acciones consorciadas que garantan que concellos con pouca infraestrutura técnica ou escasos recursos poidan desenvolver as aplicacións necesarias para poder aplicar a norma.
O conselleiro mostrouse optimista ante o compromiso do ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, de celebrar distintas reunións nas próximas semanas para alcanzar un texto de consenso e adiantou que a Xunta de Galicia está a dar o seu respaldo ao texto actual.
Proxecto de Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas
A futura lei vai facilitar a tramitación de distintas xestións aos cidadáns xa que van poder realizalas por medios electrónicos 24 horas ao día os 365 días do ano de forma oficial, xa que as comunicacións en soporte electrónico terán a mesma validez legal que as tradicionais en papel. Deste xeito ofrecerán o mesmo grao de calidade, seguridade e confidencialidade nos datos. Ademais os usuarios deste sistema poderán consultar en calquera momento o estado das tramitacións ou dos procedementos que teñan en marcha. Outra das vantaxes da Administración electrónica é que os cidadáns poderán realizar trámites de distintas administracións nun único lugar, sen necesidade de achegar datos nin documentos que obren xa en poder das Administracións Públicas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.