
Bases do V Certame de Teatro Infantil e Xuvenil Atenea:
1º) As entidades ATENEO FERROLÁN e CAIXANOVA convocan o V Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA, dirixido a Centros Escolares e mailas Entidades ou Sociedades Culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, co fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.
2º) PARTICIPANTES. Poderán participar e optar ós premios que se establecen tódolos grupos teatrais, non profesionais, vencellados a Colexios Públicos e Privados, a Sociedades Culturais ou Veciñais da comarca, que se correspondan coas categorías que se establecen nestas Bases.
3º) CATEGORíAS. Establécense tres catetorías para a participación neste Certame:
A) Grupos de Teatro Infantil
B) Grupos de Teatro Primaria
C) Grupos de Teatro Xuvenil
D) Educación Especial
A idade límite para participar como actor será de 20 anos.
4º) CONDICIóNS BáSICAS.
a) Cada grupo participante só poderá presentar ó Certame unha obra.
b) A duración da representación de cada obra estará entre 20 e 75 minutos.
5º) Tódolos grupos que queiran participar deberán envia-las súas solicitudes ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202. Aptdo. 303. CP 15402. Ferrol) nas cales farán consta-los seguintes datos: nome do colexio ou entidade e da persoa responsable cos datos correspondentes ó grupo presentado (nome do grupo, nome da obra, número de actores e idades, duración da obra e espazo necesario).
6º) PRAZO. O prazo de presentación para a participación no Certame remata o 19 de xaneiro do 2007. Co gallo de facilita-la asistencia e traballo do Xurado, xunto coa solicitude deberá achegarse unha copia do texto da obra. Os grupos, optativamente poderán presentar unha gravación da obra en formato VHS ou CD.
7º) REALIZACIÓN. A representación das obras, na súa primeira fase, terá lugar nos meses de marzo, abril e maio do 2007, dentro dun programa que estará en función do número de participantes. O Xurado fará unha selección de DOUS grupos nas categorías A, B e C, así como na categoría C haberá unha selección dun só grupo. O Xurado valorará en cada representación os seguintes apartados:
a) Mellor posta en escena
b) Mellor representación
8º) XURADO. O Xurado será nomeado, de mutuo acordo, entre o Ateneo Ferrolán e maila Caixa Nova, entre persoas representativas dos medios culturais e do ensino.
9º) PREMIOS. Tódolos grupos seleccionados, como parte do Premio, actuarán na Fase Final do Certame, que se celebrará entre os meses de maio e xuño, nun lugar a determinar pola Organización. Tamén recibirán unha cantidade en metálico, igual para todos polo importe de douscentos cincuenta euros (250 ?) que deberán ser destinados á adquisición de materiais para a formación e promoción das artes escénicas.
10º) A presentación a este concurso supón a plena aceptación destas Bases. Tódolos imprevistos non contemplados nelas, serán resoltos polo Xurado sen ningún tipo de apelación.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.