Notas de prensa

Lugo rendeu unha fermosa homenaxe a Federico García Lorca

Conmemorou os 90 anos da primeira visita realizada polo poeta á cidade.

Federico García Lorca foi o protagonista absoluto do completo programa de actividades culturais que acolleu a cidade durante toda a xornada. Os actos, organizados polo Foro pola Memoria Republicana de Galicia e o Concello de Lugo, coa colaboración da Consellería de Cultura, contaron con numerosa público durante todo o día. Máis de 40 colectivos e intelectuais desenvolveron algunha parte da extensa programación.

Conmemóranse os 90 anos da primeira visita realizada polo poeta granadino á cidade de Lugo, razón pola que se escolleu esta data para a celebración. Os actos comezaron puntuais, ás dez e media da mañá, e consistiron nun “itinerario lorquiano” que tivo o seu punto de partida diante da Casa Consistorial. O Alcalde, acompañado por outros concelleiros da Corporación Municipal, percorreu o itinerario no que se fixeron numerosos altos no camiño para ler poemas ou realizar actos simbólicos en homenaxe a Lorca.

O acto principal chegou á unha e media do mediodía, cando se inaugurou un monumento lembrando esta ocasión na praza de Pío XII. Paco Martín fixo de presentador do acto no que quedou ó descuberto a obra do escultor Urza. A continuación, a comitiva desprazouse á Catedral de Lugo, para continuar no parque Rosalía de Castro –onde se reciton poemas diante do busto da escritora- e compartirán despois unha comida nas casetas do polbo.

Aínda que este sábado se conmemoraron 90 anos da primeira visita a Lugo de García Lorca no 1916, o itinerario da homenaxe correspóndese coa visita realizada no 1932. Con esta homenaxe púxose en valor a importancia e vinculación do poeta granadino coa cidade, cando aínda era estudante de Filosofía e Letras e viña acompañado dun importante profesor e varios estudantes no que eles nomearon como “unha romaxe científica”, fai xa 90 anos.

Pola tarde, o acto central das seis e media da tarde consistiu nun encontro literario, musical e político no Salón de Actos de Caixa Galicia, no que participaron as principais figuras da cultura lucense e tamén galega. Houbo versos, cancións, música, danza, glosas literarias e alocucións políticas para Federico e, ó final, distribuíronse exemplares de varios libros sobre un dos poetas españois máis universais.

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo, 2006-10-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES