Notas de prensa

Ricardo Varela impulsa a creación do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, fixo este anuncio durante a clausura do XII Foro Autonómico de Emprego e Formación Europa Prioridades para un mercado de traballo en transformación.

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, clausurou o XII Foro Autonómico de Emprego e Formación: Europa Prioridades para un mercado de traballo en transformación, que se desenvolveu na Casa de Europa durante dúas xornadas nas que participaron responsables en materia laboral das distintas Comunidades Autónomas. Varela destacou na súa intervención a importancia da creación del Fondo Europeo de Adaptación á Globalización por parte a Unión Europea, posto que “busca contrarrestar los efectos negativos que se podan derivar da globalización, prestando axuda a traballadores despedidos como consecuencia dos cambios estructurais no ámbito do comercio internacional, en base a criterios estrictos que relacionen o desaxuste económico e o seu impacto na economía rexional ou local”.

O conselleiro definiu esta iniciativa como “de sumo interese”, especialmente para os estados membros máis expostos a sufrir algunhas das consecuencias negativas da apertura do comercio mundial, entre os que se encontran España e Galicia, en particular. Varela recoñeceu que a nosa comunidade “pode verse afectada por calquera dos tres fenómenos que se contemplan na proposta como causa desencadenante dunha intervención no Foro: incremento masivo de importacións, perdidas de cota de mercado en determinados sectores que conlevan a destrución de postos de traballo e as deslocaclizacións empresariais”.

Por outro lado, o conselleiro de Traballo salientou o papel de Galicia de cara ao vindeiro 1 de decembro, cando terá lugar o Consello Ordinario de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumo no que a Comunidade galega coordinará a posición común de todas as CCAA en Bruxelas”.

O conselleiro de Traballo destacou que a presencia neste foro dos responsables en materia de emprego das distintas CCAA serviu para debater os temas da axenda social europea, como o Libro Verde sobre o futuro do dereito do traballo, a comunicación da Comisión sobre o traballo digno, o fortalecemento do crecemento da productividade a través de máis e mellores empregos. As CCAA respaldan tamén a comunicación da Comisión sobre demografía, como resposta aos retos da globalización e aos cambios demográficos, así como a Directiva sobre as condicións laborais dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal, na que se defende a equiparación das condicións de trabalo destes traballadores coas empresas usuarias.

Galicia como portavoz do resto das CCAA

O proceso de participación da CCAA nos asuntos comunitarios europeos desenvolveuse dun xeito gradual, e a gradualidade deste proceso correspondeuse co propio proceso de integración europea, xa que durante este período produciuse un incremento substancial das competencias comunitarias e tamén o propio número de Estados membros.

Varela recoñeceu que “as CCAA podemos participar, tanto no que se refire as formacións de rango ministerial como as que respecta ás instancias preparatorias do seu traballo, en especial dos Grupos de Traballo do consello, naqueles que afecten ás competencias das CCAA ou nos que existe un interese polo seu seguimento”.

Nese senso, varela remarcou a participación de Galicia como comunidade autónoma representante do resto no Consello de Ministros de Emprego, o que está permitindo a sociedade se dea conta da importancia crucial que teñen os grupos de traballo que se encargan do seguimento dos diferentes expedientes que despois serán discutidos polos ministros nas reunións do Consello.

A Galicia correspóndelle asumir o reto de exercer a representación autonómica directa do Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores (EPSSCO) e alcanzar, en coordinación coas demais CCAA e coa Administración Xeral do Estado unha posición autonómica común nos temas a tratar por dito Consello”. Polo que o próximo día 7 de novembro, Galicia representará a todas as Comunidades Autónomas no Consello EPSSCO que terá lugar en Bruselas e no que se someterá a deliberación a proposta da Directiva do Parlamento Europeo e o consello sobre determinados aspectos da organización do tempo de traballo.

En relación a esta Directiva, Ricardo Varela indicou que ten como obxectivo evitar que certos países, como Reino Unido, abusen dunha práctica que permite que os traballadores traballen máis de 48 horas á semana se dan o seu consentimento individual. A futura normativa europea permite esta posibilidade só para casos excepcionais. O conselleiro de Traballo subliñou que “non se trata dunha solución”, aínda que considerou que si constitúe un camiño e traballo para melloras posteriores.

Para rematar a súa intervención no XII Foro de Emprego e Formación, Varela sinalou que, a pesar dos avances conseguidos ata o de agora no ámbito da participación das CCAA nos procesos de construción europeos, “aínda non está todo feito, polo que é necesario sensibilizar as propias rexións no feito de que os temas europeos son horizontais e afectan a maior parte dos departamentos autonómicos polo que é necesario continuar traballando no diálogo e a colaboración co Estado para alcanzar unha maior e mellor participación das autonomías en Europa”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES