
O entubamento dos ríos, a cementación das canles, a construcción nas chairas de inundación ou os recheos das xunqueiras son algunhas das intervencións que rematan facendo dun fenómeno meteorolóxico intenso, unha catástrofe cidadá. A deficiente e irresponsábel planificación urbanística de moitos concellos, que non teñen en conta os aspeitos ambientais nin os riscos xeolóxicos á hora de construir nas beiras dos ríos ou ocupar o litoral con recheos e faraónicos paseos marítimos, non sae de balde: trae as consecuencias que estamos a sofrer, polo demáis previsíbeis.
As fortes chuvias atópanse ademáis nas cabeceiras dos ríos cun sustrato arrasado polos incendios e desprovisto de vexetación. O solo non é quen de reter as augas de escorrentía que arrastran ademáis cinzas e sedimentos río abaixo cara o mar. Neste traxecto, encontran as súas canles naturais entubadas e as superficies de inundación ocupadas por vivendas. Como consecuencia, a auga busca o seu camiño provocando graves enchentes precisamente naquelas áreas máis desnaturalizadas. Como exemplo, na parte nova de Cée entubáronse e desviáronse varios regatos e recheouse unha inmensa superficie de xunqueira prelitoral: aí é onde se rexistraron as enchentes máis graves. Mentres, no casco vello da vila, cun urbanismo máis respectuoso co entorno apenas sufriron os efeitos das avenidas.
Deste xeito, as actuacións agresivas sobre o medio unidas á imprevisión e a unha grave falla de planificación territorial, contribúen a transformar en catástrofe o que en principio é un fenómeno natural estatísticamente previsíbel. As riadas son procesos naturais que contribúen á depuración natural das canles, alén de fertilizar as ribeiras cos nutrintes que arrastran os sedimentos. Non ter en conta esta dinámica hidrolóxica no país dos mil ríos é alén dunha irresponsabilidade, resulta unha temeridade.
Precisamente, ADEGA quere chamar a atención sobre a pouca responsabilidade dalgúns alcaldes e políticos que se laian agora das consecuencias dunhas enchentes que, en grande medida, están provocadas pola súa nefasta xestión urbanística. Demándanse axudas e subvencións cando se investíu en cemento, recheos e paseos marítimos unha inxente cantidade de recursos, sen ter en conta as consecuencias. Por outra banda, seguimos a ver nos orzamentos do estado partidas que contemplan actuacións no dominio público hidráulico cualificadas de rexeneración ambiental ou rehabilitación. Algunhas destas actuacións son intervencións ambientalmente agresivas para humanizar espazos costeiros ou fluviais e aumentar o seu atractivo turístico como paseos marítimos e fluviais, diques, dragados, etc.
ADEGA reclama das administracións maior sensatez e previsión á hora de xestionar o territorio e actuar sobre o dominio público hidráulico. Construir nas chairas de inundación, entubar os regos, encher de cemento as beiras dos ríos e a beiramar con paseos fluviais e marítimos, son actuacións que rematan saíndo moi caras.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.