Notas de prensa

Quintana reivindica a memoria dos mestres represaliados no franquismo para rachar coa inxustiza do silencio

O vicepresidente participou en Santiago nunha homenaxe organizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, participou en Compostela nun acto en memoria dos mestres represaliados durante a Guerra Civil e o Franquismo no que reivindicou a necesidade de “rachar coa inxustiza da lousa de silencio que durante tantos anos pesou sobre a súa morte”. Na homenaxe, organizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz, o vicepresidente tivo un emotivo recordo na lembranza destes homes e mulleres “que perderon a vida por defender os seus ideais e por pór os seus ideais ao servizo da cidadanía”.

Anxo Quintana manifestou que a declaración do 2006 como Ano da Memoria é unha homenaxe do Goberno galego aos represaliados e símbolo do seu compromiso coa liberdade. Trátase dunha reivindicación e un chamamento para non esquecer o que pasou e homenaxear aos que padeceron a barbarie, que “tiveron que sufrir unha dobre inxustiza: a dos actos en si mesmos e a do esquecemento”. Para o vicepresidente, recordalos e homenaxealos “é un xeito de mantelos vivos e de manter vivos os seus valores” e, sobre todo, “do que se trata é de lembrar o que pasou para que nunca máis volva suceder”.

Na homenaxe, celebrada no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) e na que tamén participaron a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, os representantes do Seminario Galego de Educación para a Paz descubriron unha placa conmemorativa na memoria destes mestres.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, 2006-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES