Notas de prensa

Traballo asina un convenio marco entre Galicia e o Norte de Portugal para fomentar e inculcar unha auténtica cultura da mobilidade no eido laboral

O obxectivo deste convenio marco, con vixencia de 2007-2010, é proporcionar e intercambiar información e asesoramento sobre as ofertas e solicitudes de emprego, así como sobre as condicions de vida e de traballo.

O consellerio de Traballo, Ricardo Varela, asinou o convenio marco EuresTransfronteirizo Galicia-Norte de Portugal entre a Consellería de Traballo e o Consello do Emprego e Formaçao Profesional de Portugal. Este acordo desenvolverase ao longo do trienio 2007-2010. Ricardo Varela asegurou que “un dos principais retos, para os anos 2007-2010, será fomentar e inculcar unha auténtica cultura da mobilidade no mundo o traballo no EURES (Servizos de Emprego Europeo) Trasnfronteirizo Galicia-Norte de Portugal”.

No documento asinado recoñécese que a finaliade principal deste convenio marco é proporcionar e intercambiar información e asesoramento sobre as ofertas e as solictudes de emprego, así como sobre as condicións de vida e de traballo na rexión transfronteiriza de Galicia e Portugal, elaborar e efectuar o mantemento dun inventario de oortunidades de formación profesional na rexión e contribuír a un maior desenvolvemento desta oportunidades de formación. Por outra banda, contribuír ao desenvolvemento de proxectos dirixidos a mellorar o mercado de traballo.

Coa sinatura deste convenio, os socios comprométense a preparar un Plan de Actividades trianual, conxunto e integrado, que inclúa accions que favorezan a mobilidade transfronteiriza en materia de emprego, así como a formación do público obxectivo para o cal traballa cada un dos socios deste Eures.

Segundo sinalou o conselleiro de Traballo, o ritmo de cambio que rexistran os mercados de traballo europeos, xunto coa ampliación da Unión Europea en 2004, impón aos traballadores a necesidade de adaptarse de forma máis sistemática a un novo entorno laboral.

Todos os organismos e institucións presentes coinciden en considerar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de convivencia no que se desenvolven políticas de cooperación que nos van permitindo a portugueses e galegos vivir e traballar en Portugal e Galicia indistintamente. Vartela sinalou que, tras superar o obstáculo que supuxeron as fronteiras e porque “creemos nas potencialidades que ofrece esta zona transfronteiriza, apostamos polo seu desenvolvemento como instrumento de cooperación en materia de emprego”.

Os resultados que se esperan acadar coa sinatura do cuarto Eures Transfronteirizo é mellorar a visibilidade dos servizos prestados, reforzando as actividades de comunicación, desenvolvendo e poñendo en práctica unha estratexia de comunicación dirixida aos grupos destinatarios. O acordo tamén ten por obxectivo mellorar a transparencia da información facilitada nos diferentes mercados de traballo de Galicia e Portugal para asegurar que as colocacións transfronteirizas cumpran coa normativa laboral, así como detectar os colos de botella, que son as dificultades para pasar dun mercado laboral a outro mercado, e carencias de man de obra que poidan atenuarse coa mobilidade laboral transfronteiriza. Segundo declarou Varela, en definitiva “trátase de reforzar o desenvolvemento de activiades transfronteirizas no ámbito do emprego”.

Para iso, o Eures debe consolidarse e reforzarse como un instrumento clave para o seguimento da mobilidade transfronteiriza, o apoio á libre circulación dos traballadores e a integración dos mercados de emprego de ambas partes da nosa fronteira común, así como para informar aos cidadáns sobre a lexislación pertinente.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES