Notas de prensa

20 equipos de arquitectos optan a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo

Proceden de varios puntos da xeografía española.

20 equipos de arquitectos presentaron a súa solicitude para optar a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo, o xa coñecido como MIHL. Dentro da primeira fase do concurso para a redacción do proxecto construtivo, a mesa de contratación comezou esta mañá a estudar e baremar as solicitudes de participación para seleccionar os 5 equipos mellores. De eles sairá escollido, na próxima fase, a proposta definitiva.

“Hai un mes e medio aproximadamente que se fixo esta convocatoria pública. Acudiron 20 equipos procedentes de toda España”, informaba o alcalde de Lugo minutos antes de entrar na reunión. Esta primeira fase era de libre concorrencia e, debido á contía do museo, o anuncio tamén saiu publicado no Diario Oficial da Comunidade Europea. Segundo se establece nas cláusulas, cada licitador non podía presentar máis dunha proposición.

“Lugo da un paso máis para modernizar a súa estrutura museística e turística”, afirmou o Alcalde. López Orozco prevé que no mes de abril será adxudicado o proxecto gañador coa fin de que as obras comecen no ano 2007 e “espero que o museo sexa realidade no prazo aproximado de 2 anos”.

O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta que resulte máis idónea para a construcción do MIHL, dedicado á historia da cidade e cunha área de recepción de visitantes. Búscase, como se destaca nas cláusulas, un “museo innovador e referente, en concepción e funcionamento, alentador da imaxe da cidade”.

As empresas presentadas son:

1.-ESTUDIO ARQUITECTURA AYALA
2.-ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS
3.-TEMPERATURAS EXTREMAS ARQUITECTOS S.L.
4.-JUNQUERA ARQUITECTOS S.L.
5.-XOSÉ MANUEL LÓPEZ MIHURA
6.-ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ
7.-MURADO & ELVIRA ARQUITECTOS
8.-PEDRO QUERO ARQUITECTOS S.L.
9.-ÁNGEL FERNÁNEZ ALBA (ARQ.ASOC.S.L)
10.-PLÁCIDO LIZANCOS MORA
11.-ECOSISTEMA URBANO ARQUITECTOS S.L.
12.-AV6´2 ARQUITECTOS
13.-NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L.
14.-HORACIO FERNÁNDEZ DEL CASTILLO
15.-MANSILLA TUÑÓN ARQUITECTOS S.L.
16.- ANDRÉS PEREA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L.
17.-BESADA Y FAILDE ARQUITECTOS S.L.
18.-ESTUDIO DL+A
19.-IRISARRI-PIÑEIRA S.L.N.E.
20.-LABORATORIO DE ARQUITECTURA S.L.

Xurado

Os membros do xurado recibiron na reunión unha folla cos criterios do baremo do concurso e a lista dos equipos de arquitectos participantes para poder proceder á selección e baremo. O xurado estivo formado por:

PRESIDENTE: Alcalde de Lugo
VOCAIS:
-A Concelleira de Cultura e Turismo
-Un representante de cada un dos grupos políticos da Corporación (José Ramón Gómez Besteiro-Jaime Castiñeira-Anxo Lage).
-A interventora xeral do Concello.
-Un representante do departamento de Asesoría Xurídica.
-O arquitecto municipal José Antonio Eirín.
-O arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Felipe Peña.
-Un arquitecto de recoñecido prestixio en España: Santiago Catalán.
-Un representante do Consello da Cultura Galega: Antonio Montero Carro.
-Un representante da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña
-Un representante da Dirección General de Bellas Artes do Ministerio de Cultura: Víctor Cajeao.
COMO SECRETARIA da Mesa de Contratación estivo a Xefa do Servizo de Contratación: Ana Sáez.

Frigsa, exemplar en Galicia

O Alcalde destacou que o museo convertirá a Frigsa “na zona dotacional máis importante de Lugo e, diría máis, de Galicia, xa que non hai moitas cidades que reúnan nun espazo: piscinas, un centro social, zonas verdes, a biblioteca municipal, casa da muller, un polideportivo, etc”.

O MIHL ten varias partidas orzamentarias: seis millóns de euros –acadados polo Concello a través dun crédito novidoso do Ministerio de Industria-, 600.000 euros procedentes do convenio con Erosmer e máis financiamento procedente do Ministerio de Cultura –que será pechado exactamente nos vindeiros días-.

O Concello quere desenvolver conxuntamente o continente e o contido do museo. Neste último está a traballar a prestixiosa investigadora Flavia Sparacino e a empresa lucense 3LC –encargada de coordinar a un comité de expertos- designados polo Concello.

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo, 2006-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES