Notas de prensa

O Museo Pedagóxico de Galicia acolle o 17 e 18 de novembro unhas xornadas sobre cultura, educación e República

A actividade, organizada polo Consello Escolar de Galicia e o Consello da Cultura Galega, contará coa presenza de expertos na materia procedentes de distintas universidades españolas. As xornadas rememoran o 75 aniversario da II República, e acompáñanse dunha exposición organizada polo Ateneo Republicano de Galicia (ARGA).

O Consello Escolar de Galicia e o Consello da Cultura Galega celebran os días 17 e 18 de novembro no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) as xornadas Cultura, Educación e República, que teñen como obxectivo reflexionar sobre as ideas pedagóxicas e culturais deste período, coincidindo co 75 aniversario do inicio do réxime republicano.

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, é a encargada de inaugurar o día 17 as xornadas, xunto con Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, e Milagros Blanco Pardo, vicepresidenta do Consello Escolar de Galicia.

As xornadas combinan mesas redondas con conferencias, nas que participan diversos historiadores da educación e especialistas na materia, procedentes de distintas universidades españolas. Algúns dos temas tratados son a cultura e a educación republicanas, o republicanismo en Galicia ou as ideas pedagóxicas e prácticas educativas da época. Así mesmo, Ramón Villares dá unha conferencia sobre o Seminario de Estudos Galegos, que será presentada por Isaac Díaz Pardo, pintor, escritor e creador da cerámica Sargadelos.

As conferencias e mesas redondas acompáñanse da exposición II República Española, 75 aniversario (1931-2006), organizada polo Ateneo Republicano de Galicia (ARGA). A mostra permanece aberta ao público no MUPEGA do 16 ao 30 de novembro.

75 aniversario

As xornadas Cultura, Educación e República enmárcanse dentro das actividades de conmemoración que este ano se veñen celebrando en lembranza da II República, que cumpre 75 anos. Os obxectivos da actividade son os de profundar no coñecemento do desenvolvemento educativo e cultural realizado no tempo da II República española; así como ofrecer un espazo de reflexión, análise e debate ao redor dos logros realizados nestes eidos en España, e singularmente en Galicia.

Por outra banda, as xornadas tentan espertar actitudes de identificación e de respecto cara aos valores democráticos que se puxeron en práctica na educación e na cultura nese período; e promover a inclusión destes coñecementos e valores nos actuais currículos escolares.

Destinatarios

A asistencia ás xornadas está aberta a todo tipo de público, pero diríxense especialmente ao profesorado de todos os niveis educativos, así como a todos os sectores representados no Consello Escolar de Galicia, e ás asociacións ou entidades sociais interesadas no tema.

As inscricións poden achegarse ata o 31 de outubro (inclusive) ao seguinte enderezo postal: Consello Escolar de Galicia, Rúa de San Roque, nº2, 15704, Santiago de Compostela. Ademais, poden enviarse ao enderezo electrónico [email protected], ou formalizarse a través do portal educativo. A admisión de solicitudes realizarase por rigorosa orde de recepción. O aforo máximo é de 112 persoas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2006-10-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES