Notas de prensa

O Servizo de Gardacostas realizou máis de 400 servizos de inspección durante 2006 na ría do Burgo

Na súa loita contra o furtivismo, os axentes da Consellería de Pesca decomisaron preto de 900 quilos de marisco e levantaron 146 actas de infracción.

O Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca levou a cabo, de xaneiro a outubro, 416 servizos de inspección e vixilancia pesqueira na Ría do Burgo. Os dez axentes dos que dispón a
base operativa da Coruña realizaron 143 actuacións por terra e 163 por mar, ademais de 110 operativos conxuntos coa Policía Autonómica e a Garda Civil.

Nos últimos meses, a Consellería de Pesca incrementou notablemente os operativos de vixilancia nesta zona. De feito, o 80% dos servizos que presta a unidade coruñesa están adicados exclusivamente a inspeccionar a Ría do Pasaxe, controlando sobor de todo a actividade marisqueira. Con este mesmo obxectivo, o Servizo de Gardacostas está efectuando tamén numerosos controis aéreos, tanto diurnos como nocturnos, para reforzar o dispositivo de vixilancia habitual por terra e mar. Deste xeito, o helicóptero Pesca 2, que ten base en Celeiro, é o encargado de sobrevolar as bateas e as zonas marisqueiras máis importantes da ría para intentar disuadir aos furtivos das súas actividades.

Resultados das actuacións de vixilancia

Froito destas actuacións, os axentes do departamento dirixido por Carmen Gallego decomisaron no presente ano 864 quilos de especies: 626 de berberecho, 159 de ameixa babosa, 62 de ameixa fina, 15 de minchas e dous quilos de ostras.

Incautáronse tamén máis dun centenar de medios materiais, entre as que se atopaban 19 plataformas flotantes, unha decena
de embarcacións e numerosos útiles de marisqueo. Como resultado, o persoal da Xunta levantou 146 actas de infracción.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES