
O secretario xeral de Emigración, Manuel LuÃs RodrÃguez, emprende o domingo, 22 de outubro, unha viaxe que o levará por México e Estados Unidos, onde manterá encontros coa comunidade galega residente nestes paÃses, coa fin de interesarse polas inquietudes e demandas dos cidadáns de orixe galega ao tempo que co obxectivo de intensificar e optimizar as accións que o Goberno galego promove, xunto coas entidades asociativas en América do Norte, no eido cultural, formativo e empresarial.
O responsable do departamento de Emigración, que estará en México ata o mércores, 25 de outubro, reunirase cos responsables da Embaixada de España asà como cos do Consulado español; manterá encontros coa comunidade galega e desenvolverá reunións de traballo coas directivas dos centros ao tempo que con diferentes empresarios de orixe galega de cara a estudar vÃas de colaboración que consoliden a posición dos intereses galegos no exterior.
O xoves, 26 de outubro, o secretario xeral trasládase a Estados Unidos, onde visitará os estados de Florida, Nova York e Nova Jersey. O mesmo xoves, participará na cidade de Miami nunha reunión coa Casa Santa Marta de Ortigueira, arredor da que se aglutina unha parte importante da cidadanÃa galega desta cidade. O venres, Manuel LuÃs RodrÃguez partirá cara Nova York, onde o mesmo dÃa da súa chegada visitará o CÃrculo Español de Queens, para manter unha reunión de traballo co equipo directivo.
Visita a Newark
Entre o venres, dÃa 27, e o luns, 30 de outubro, tomará parte en distintos encontros coa cidadanÃa galega e as entidades asociativas, xa as que están situadas na cidade de Nova York, xa as que actúan arredor do Centro Orensano de Newark e das instalacións da Peña Galega, igualmente en Newark, ambas entidades no Estado de Nova Jersey.
Precisamente a localidade de Newark, onde se asenta unha parte moi significativa de comunidade galega nos Estados Unidos, será o escenario dos contactos entre o titular da SecretarÃa Xeral de Emigración e algúns dos representantes do sector empresarial galego en EE.UU.
A estancia neste paÃs complementarase cunha visita ao Instituto Cervantes e cunha reunión co Cónsul Xeral de España en Nova York, antes de emprender regreso a Galicia á última hora do dÃa 30.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.