Notas de prensa

Preséntase a Cooperativa Árbore Consumo Consciente

Nace co obxectivo de crear unha rede de proveedores e demandantes de productos específicos.

Consumo Consciente Arbore, Sociedade Cooperativa Galega, é un proxecto empresarial que ten como finalidade e causa social a asociación de consumidores e usuarios/as, en réxime de socios/as da Cooperativa, coa finalidade de conquerir e distribuir entre eles/as productos de alimentación sás, e de fogar, de procedencia preferiblemente ecolóxica e biolóxica, cunha óptima relación calidade-prezo, coma parte dun proxecto socio-cultural enmarcado nos principios dunha economía social, ecolóxica e solidaria.

A cooperativa Arbore é pioneira en Galicia, suplindo a carencia na nosa comunidade autónoma dun proxecto que materialice, sólida e viablemente os principios do noso proxecto.

Elexiu-se Vigo como centro de ubicación da empresa, por ser esta cidade, e a súa bisbarra e zoa de influencia, un espazo óptimo para a viabilidade e expansión do proxecto, polas súas características sociais e súa ubicación xeográfica.

As persoas que constituimos a Cooperativa somos consumidores de productos ecolóxicos e decidimos fundar unha cooperativa para materializar o noso desexo de facer un consumo consciente, apoiando ao agricultor galego e respeitando o medio ambiente e o resto dos animais. Decidimos ter unha tenda propia onde poder mercar estes productos a un prezo asequible, que puidera estar xestionada por nós mesmos, puidendo abastecela dos productos que quixéramos e, en definitiva, ter un sentimento de propiedade que facilitara darlle o rumbo que o grupo considerase máis apropiado, asumindo tamén as responsabilidades económicas e de xestión. O nome que se lle puxo á Cooperativa é Consumo Conscente Arbore, Sociedade Coop. Galega, para amosar o noso interese, non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo responsable, sendo conscentes das consecuencias que implican o noso consumo, cuns criterios fundamentais consensuados na Asamblea Xeral.

É por isto que unha das esixencias cos productos de alimentación é que sexan de producción ecolóxica. Aínda así, non sempre atopamos todos os productos que desexamos coa certificación oficial: C.R.A.E.G.A. Cos productos frescos (froitas e verduras), no caso de que exista un coñecemento directo por parte dalgunha das persoas socias, considerámolo como un abal suficiente de producción ecolóxica, namentres ese productor consegue dito certificado. Tamén facemos visitas organizadas dos/as socios/as da Cooperativa aos lugares de producción. Noutros casos, o producto non ecolóxico aparece na nosa tenda atendendo a outros criterios, como son: os de Comercio Xusto, os productos de limpeza e hixiene que sexan limpos co medio ambiente, os desprovistos de sufrimento dos animais, e os producidos por outras Cooperativas, xa que un dos nosos fins e o fomento do cooperativismo.

Outro dos nosos intereses é o de comercializar productos a granel, por motivos económicos e ecolóxicos. Os productos a granel son mais baratos, desta forma conseguimos que este tipo de alimentación sá esté ó alcance de tódo-los extractos sociales. E tamén desta forma disminuimos o número de envases e embalaxes, reducindo a contaminación do medio. Temos a granel cereais, legumes, sementes, fariñas, algas, plantas medicinais, froitos secos, froitas, verduras e todo o que podemos dispoñer desta forma.

A Cooperativa ten uns terreos en Valadares onde colleitamos algúns dos productos ofertados, seguindo sempre parámetros de producción ecolóxica (sen usar nitratos nen pesticidas).

Reparto a domicilio: A Cooperativa Árbore ofrece tamén un servizo de reparto a domicilio pola área metropolitana de Vigo, é dicir, o Morrazo ( mércores ), Val Miñor ( venres ) e o Val da Louriña ( martes ). Como xa saberedes, en Tui temos un posto no mercado, que se celebra os xoves durante todo o ano.

Comisión de Comunicación da Cooperativa Árbore Consumo Consciente, 2006-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES