Notas de prensa

Special Olympics Galicia acada a Medalla de Ouro no nivel II de fútbol sala nos Xogos Internacionais de Cataluña

O equipo galego acadou o primeiro posto na competición de fútbol sala (nivel II) e trouxo unha medalla de bronce na competición de bádmington (nivel I) nos Xogos de Special Olympics celebrados do 11 ao 15 de outubro en Lloret del Mar.

O equipo de Special Olympics Galicia, integrado por 10 deportistas, participou do 11 ao 15 de outubro nos Xogos Special Olympics Lloret 2006, celebrados na cidade de Lloret del Mar. Os Xogos, que reunían a máis de 1.200 deportitas de máis de 20 países diferentes e a 1.000 voluntarios, contaban con numerosas disciplinas de participación tanto de deportes en equipo como individuais. As competicións que se levaron a cabo en deportes de equipos foron as de fútbol sala, baloncesto, petanca e jockey interior; mentres que de xeito individual competiuse en tenis de mesa, ciclismo, gimnasia, atletismo, natación, bádminton, tenis e vela.

A expedición de Special Olympics Galicia participou cun equipo de 8 deportistas da Asociación Aspronaga da Coruña, e da Asociación ASPAS de Santiago na competición de fútbol sala no nivel II (intermedio) levándose a medalla de ouro logo de resultar gañadores tanto na liguilla como na cruzada.

O equipo galego tamén participou na competición individual de bádmington no nivel I (alto) con dúas representantes, Eva María Fernández Dans, que acadou unha medalla de bronce; e María del Mar Insua Álvarez-Neira, que logrou unha medalla de participación. Ámbalas dúas da Asociación Aspronaga.

NotaO equipo gañador de fútbol sala estaba formado por Juan Carlos Sánchez Barbero; Jose Leopoldo Sastre Romero; e José Jesus Pazos Nieto da Asociación ASPAS; e Manuel Antonio Paz Patiño; Javier Riveira Buján; Ramón Canosa Canosa; Luis Esteban Vilar Mariñas; e Sergio Almeida Manarte, da Asociación ASPRONAGA.

As competicións de Special Olympics contan con tres niveis de participación en función do coñecemento que os deportistas teñen das regras de xogo das competicións así como das súas limitacións á hora de realizar exercicio físico, existindo nivel I (alto), nivel II (intermedio) e nivel III (baixo).



Gabinete de Comunicación Special Olympics Galicia, 2006-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES