Notas de prensa

Arrancan as emisións de A Casa de 1906

Unha produción de A Galega en colaboración con Filmanova e Continental.

“A Casa de 1906” é unha experiencia televisiva única na que dúas familias viaxarán no tempo e vivirán durante sete semanas en 1906, en dúas casas que imitan á perfección as vivendas galegas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente ou comodidades actuais. Os concursantes, ataviados com roupas de época, convertéranse en labregos de hai cen anos e traballarán a terra para conseguir o sustento. Estarán illados da vida moderna e vivirán literalmente como en 1906.
As familias participantes proveñen de Padrón e de A Coruña; e representan tódalas franxas de idade: adultos, adolescentes, xoves e nenos. Participa incluso unha nena ecuatoriana acollida por unha das familias.

Durante a gravación, ambas familias vivirán en casas próximas, case adosadas, o que fará deles veciños ademais de rivais. A convivencia será, precisamente, o maior dos retos que terán, e tamén a principal fonte de problemas nas casas de 1906. Pero ademais as familias terán que facer fronte á dura vida cotiá da época e ás múltiples sorpresas que o programa tiña preparadas para elas.

A producción correu a cargo das galegas Filmanova e Continental que non dubidaron en proporlle á colaboración a Cabreiroá, coma formato ideal para a conmemoración do seu centenario 1906/2006. Inmediatamente a firma galega aceptou por considerar este formato como un bo medio de dar a coñecer os costumes da época, por ter un ton divulgativo ademáis de perseguir o entretemento.

O programa emitirase na galega os mércores, xoves e venres ás 21:30h e haberá un importante seguimento semanal con sorpresas, dende o programa LUAR.
As casas están ubicadas en Irixoa, en dúas vivendas que foron rehabilitadas especialmente para “levalas de volta a 1906”. Os participantes convertéranse durante dous meses no tema de conversa favorito dos veciños, que fixeron apostas entre eles sobre se poderían aguantar o modo de vida do século pasado.

OS CONCURSANTES

Familia González – Lema
(O Temple, A Coruña)

Integrantes:
1. José Antonio González 49 anos: Contable e cantante. Impredecible, voluntarioso. Tranquilo, serio e taciturno. Testarudo, gasta moita enerxía en facer comprender a súa opinión. Moi creativo, sensible. Egocéntrico e independente.
2. Margarita Lema 40 anos: Ama de casa, esforzada, abnegada, con moito carácter. Cordial, adaptase ben a situacións novedosas. Persona serena parece que quera tomarse a vida con moita tranquilidade.
3. Víctor González Lema 21 anos: Estudante alegre, competitivo, susceptible. Gusta facer cousas arriscadas, intentar actividades novas e cambiar constantemente de quefaceres . Impulsivo, indisciplinado , independente, fuxe dos formalismos. Simpático, líder.
4. Martín G. Lema 19 anos: Marmolista. Tranquilo, traballador, activo, dinámico, impresionable e optimista.
5. Sonia G. Lema 16 anos: Estudante. Realista, tímida, nervosa, algo conformista, vergonzosa. Humilde e sincera, sosegada, tende a actuar con calma.
6. Marcos González Lema 7 anos. Moi dinámico, inquedo, practica judo e encántalle xogar ao parchís. Agarimoso, mimoso, gosta de xogar cos seus irmáns.


Familia Peña - Ares
(Padrón, A Coruña)

[FOTO2Integrantes:

1. Carlos Peña 43 anos: Vendedor, moi falador, persuasivo, bromista. algo dominante, loita por impoñer o seu criterio. Testarudo e orgulloso , responsable e organizado. Manifesta grandes habilidades manuais. Solidario, cariñoso e xeneroso. Dotes de actor.
2. Sara Ares 44 anos: Ama de casa. sabe máis do que parece, garda sorpresas. Tenaz e constante con tendencia á cautela a sobriedade e a seriedade. Forte sentido da responsabilidade das normas e do deber.
3. Lorenzo Peña 21 anos: Estudante.Tímido, intelixente intuitivo e sagaz , cariñoso, moi achegado ao seu pai, voluntarioso.
4. Alicia Peña 16 anos: Estudante. Espontánea, visceral, con moitos prontos. Un pouco desconfiada , pode parecer rebelde en ocasións.
5. Liced Cachiguango, 4 anos: como nena ecuatoriana acollida na familia amosa moito agarimo por todos, fala como primeira lingua o galego. Simpática, faladora.

OS RETOS

Vivir sen electricidade nin auga corrente.

Vivir sen tecnoloxía moderna.

Vestir como hai cean anos, con xustiños, cirolas, enaugas e zocos de madeira.

Traballar unha horta cos aperos de labranza de 1906.
Coidar de 5 vacas, 10 ovellas, oito cabras, dous porcos, 60 galiñas e 8 coellos.

Cociñar en lareiras.

Subsistir sen axuda, porque nada se pode comprar e todo o terán que facer coas súas propias mans: pan, queixo, xabrón, roupa...

Pero o maior desafío é convivir.

¿Poderán as familias coexistir durante dous meses sen conflictos? ¿Competirán ou se axudarán?

A GALICIA DE 1906

EFEMÉRIDES:

Na comarca de Verín, a 70 km. de Ourense, en medio dun fermoso paraxe natural e procedente de máis de 100 mts de profundidade, xurde un manantial cuxas propiedades son analisadas por científicos como D. Santiago Ramón y Cajal. En 1906 nacía AUGAS DE CABREIROÃ, que dende entón adícase a embotellar e comercializar a auga mineral natural ata os nosos días.

Outras efemérides:

- Rexístrase o primeiro debuxo animado.
- Un grande tremor de terra destrúe San Francisco.
- Ten lugar o primeiro vó dun aeroplano.
- Fúndase o Deportivo de A Coruña.
- Picasso pinta “As Señoritas de Avignon”
- Faise a primeira emisión radiofónica.
- Nacen Aristóteles Onassis, John Houston, Josephine Baker, Billy Wilder e Pu-yi, o último emperador da dinastía chino-manchú.
- Invéntase un método para elaborar café instantáneo.
- La Voz de Galicia promove unha campaña para poñer coto as liortas e discordias que tiñan lugar nas festas, romerías e bailes que se celebraban ó aire libre, e que constituían “un verdadeiro perigo para a tranquilidade pública”.
- William Kellog inventa os Cornflakes.
- Abonda a publicidade das compañías navieiras que se disputan o negocio dos emigrantes.
- Gahndi, que comeza a súa acción política, fai voto de castidade.
- EE.UU. intervén militarmente en Cuba.
- Morren Pierre Curie, Valentín Lamas Carvajal e Paul Cézanne.

EQUIPO

Produción executiva: Xosé Morais
Marco Meere
Dirección: Sonia Barros
Coordinador de montaxe: Toño López
Realización: Beatriz del Monte
Produción: Carlos Amoedo
Suso Gay
Bárbara Zamuz
Martín Ramudo
Edición: Alejandro Enríquez
Manuel López
Javier Pérez Brun
Héctor Cerdeira
Guión: Xosé Morais
Coordinación de contidos: Sonia Barros
Arte: Marta Villar
Cecilia Bruquetas
Dirección de fotografía: Juan Morgade
Música: Juan de Dios Martín
José Ramón Bugliot
Cámaras: Fernando Dans
Juan Morgade
Axudante de realización: Carlos Alberto Alonso
Axudante de dirección: Alberto Lobelle
Vestiario: Ana López
Documentalista: Xavier Castro
Produtor delegado: Hilario Pino

Unha produción de A Galega en colaboración con Filmanova S.L. e Continental Producciones S.L. Patrocinada por Cabreiroá.

A CASA DE 1906 é a adaptación dun formato creado por Wall to Wall e distribuido por Zeal Television.

A CASA DE 1906:1906@casade1906.com

Sergio Frade (Departamento de Comunicación de Filmanova), 2006-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES