Notas de prensa

Adega recibe o 1º Premio Eco-ejemplos 2006 da Obra Social Caja Madrid polo seu Programa de Compostaxe Caseira

O premio, partillado con Amigos da Terra, centráse na compostaxe caseira como exemplo de xestión sustentábel no tratamento dos resíduos orgánicos.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de ser galardoada co 1º Premio da Convocatoria “Eco-Ejemplos 06” da Obra Social Caja-Madrid, xunto coa asociación Amigos da Terra. Con estes premios, de ámeto estatal, a entidade convocante pretende recoñecer exemplos de actuacións respectuosas co medio e que sexan asumíbeis e recoñecíbeis pola sociedade como modelos a seguir; alén disto, pretende tamén fomentar accións encamiñadas a incentivar a conservación da natureza, a biodiversidade e o desenvolvemento sustentábel.

Á convocatoria, de ámeto estatal, presentáronse entre outras as seguintes entidades: Fundación Tormes. EB, Fundación Global Nature, Asociación Social Andrómines, Asociación Ecoinstitut de Ecología Aplicada, etc.

O programa de compostaxe caseira premiado consiste no reparto, instalación dun composteiro, e a entrega dun manual elaborado por ADEGA, así como e o seguemento durante seis meses do proceso de compostaxe. Durante estes meses fanse visitas de seguemento nas que os educadores/as ambientais de ADEGA resolven as cuestións e clarexan as dúbidas que poidan xurdir, alén de aportar ideas para miellorar o proceso.

Son xa once os proxectos destas características desenvolvidos por ADEGA dende o seu comezo, no verán do 2002. A súa finalidade é de dar unha xestión ecolóxica aos resíduos orgánicos evitando a súa incineración ou verquido, e fomentando a reciclaxe. Neste período de tempo, a compostaxe caseira ten desmostrado ser un sistema eficiente para xestión domiciliaria dos residuos orgánicos, saíndo o concello colaborador beneficiado tanto ecolóxica como económicamente. Cada día máis persoas interésanse por este sistema de tratamento descentralizado.

ADEGA quere compartir este premio con todos os concellos e entidades que se sumaron a esta iniciativa: os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Mos, Mugardos, Arzua e Ferrol, a AA.VV. de Serra de Outes, e especialmente a todos os veciñ@s destes lugares, participantes fundamentais do proxecto que contribúen a recuperar unha práctica tradicional e ecolóxica e apostan por unha solución sustentábel á actual problemática dos resíduos orgánicos.

ADEGA engade este premio a outros de todo o estado, como os concedidos por La Caixa e a Fundació Territori e Paisatge, en recoñecemento á calidade dos seus proxectos ambientais.

Adega , 2006-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES