Notas de prensa

Manifesto da concentración no marco da campaña: Rebélate contra a pobreza. Máis feitos, menos palabras

Desde distintos sectores sociais, e unindo diversidade de sensibilidades e intereses, a sociedade civil española amósase unida para facer un chamamento conxunto a toda a cidadanía para que se mobilice ata acadar medidas concretas contra a pobreza mundial.

A inxustiza, a desigualdade, a discriminación, a violencia e a pobreza afectan a millóns de persoas no mundo, e non imos a ficar impasibles ante semellante indignidade.

Porque sabemos que a pobreza pode erradicarse si existe a vontade política para
facelo.

Os líderes e gobernantes mundiais teñen a responsabilidade de facer cumprir a axenda da cidadanía, e queremos lanzar un chamamento universal contra a pobreza, porque creemos con firmeza que outro mundo máis xusto, sostible e máis humano é posible.

No ano 2000, os xefes de Estado e de Goberno de 189 países, así como as institucións internacionais, acordaron cumprir 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio en todos os países do mundo para o ano 2015 como un primeiro paso para acabar coa pobreza extrema. Pasaron 6 anos e os avances son insuficientes.

O Estado español, pertencente ao conxunto dos países máis ricos do mundo, debe
representar fielmente o sentir solidario e comprometido da súa cidadanía, e para iso
debe impulsar coa maior urxencia un conxunto de medidas concretas para que os
países e pobos empobrecidos do mundo poidan desenvolverse e dispoñan de
oportunidades reais para saír da pobreza extrema, e adoptemos modelos de
desenvolvemento sostibles que impliquen unha equitativa redistribución da riqueza e non xeren exclusións.

Co obxectivo prioritario de erradicar a pobreza EXIXIMOS:

Notaa) Máis e mellor Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) ata acadar o 0,7% do PNB coa máxima urxencia, reforzando a orientación xeográfica cara os Países Menos Adiantados, destinando un 20% do total da AOD a servizos sociais básicos e
desligando a axuda de intereses económicos e comerciais.
b) A financiación do desenvolvemento foi reforzada con fontes adicionais como son os impostos globais (tipo Tasa Tobin): non hai xustiza social sen xustiza fiscal, xa que impostos xustos ben distribuídos significan sempre menos pobreza.
c) Abolir o 100% da Débeda Externa bilateral dos Países Menos Avanzados (PMA),
instando unha posición semellante por parte de noso goberno ante as institucións
financeiras internacionais para que cancelen a débeda multilateral dos mesmos
países.
d) O tratamento da Débeda Externa en todos os países, especialmente para os países que máis débeda teñen contraída co Estado Español, implica adoptar mecanismos eficaces para determinar e esixir responsabilidades respecto daquelas débedas ilexítimas que foran xeradas con gobernos corruptos ou que violen os dereitos humanos, así como en relación coa débeda ecolóxica contraída polas empresas transnacionais ou polos países industrializados.
e) Así mesmo requírese comprometer iniciativas de conversión de débeda externa
bilateral por desenvolvemento, para que os recursos liberados sexan invertidos nos
Obxectivos do Milenio, empregando mecanismos que non xeren máis débeda
externa e que non supoñan máis axuda ligada a intereses económicos ou
comerciais españois.
f) Cambiar as normas do comercio internacional que actualmente privilexian os
intereses de países ricos e impiden aos pequenos agricultores e aos gobernos dos
países empobrecidos decidir cómo loitar contra a pobreza, protexer o medio
ambiente e garantir o Dereito á Alimentación. Así mesmo, eliminar as subvencións
de todo tipo que permiten exportar aos países empobrecidos, os produtos dos
países ricos por debaixo do custe de produción, danando o sustento das
comunidades locais.
g) Velar pola existencia e creación de emprego digno e con dereitos, como mecanismo eficaz para loitar contra as desigualdades, erradicar a pobreza e promover a equiparación entre mulleres e homes. Esixir ás Empresas Multinacionais españolas que respecten as normas internacionais de traballo e convenios da OIT nas súas filiais, e os fagan respectar ás empresas provedoras e subcontratadas, así como que manteñan unha conduta socialmente responsable.
h) Protexer os servizos públicos de liberalizacións e privatizacións excluíndo os do
marco das negociacións do Acordo Xeral sobre o Comercio de Servizos da OMC coa
finalidade de asegurar os dereitos de acceso á auga potable, á educación, á
atención sanitaria e aos medicamentos esenciais.
i) Combater de forma decidida a actividade desenvolvida polos mal chamados
paraísos fiscais, que, como centros financeiros extraterritoriais amplamente
utilizados polos mercados financeiros globalizados, provocan fortes diminucións na
recadación fiscal de todos os países, pero sobre todo dos do Sur, onde as reducións
de ingresos por fugas de capitais se estiman en máis de 50 mil millóns de dólares
anuais.

Coordenadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, 2006-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES