Notas de prensa

A Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, organiza un xogo de rol en vivo no Castelo de Monterrei

Está ambientado na Galicia Medieval do século XV e diríxese a 500 xogadores.

Irmandiños: A Revolta é un xogo de rol en vivo, escrito e dirixido por 13 negativo, ambientado no século XV, durante a Segunda Revolta Irmandiña, revolución popular que tivo lugar en Galicia no ano 1467, na que milleiros de homes e mulleres de toda clase e condición se alzaron en armas contra os señores feudais debido aos múltiples abusos que contra a poboación se estaban a cometer.

O xogo comeza o venres 22 de setembro ás 12 da mañá e remata o domingo 24 de setembro sobre as 6 da tarde. Os xogadores
pasaredes a noite en tendas de campaña, para compartir todos e cada un dos momentos desta fascinante experiencia que se desenvolverá no castelo de Monterrei (ao lado de Verín) e nos seus arredores.

Poderán participar mozas e mozos de entre 18 e 30 anos. A cota de
participación é de 24 €, pero os posuidores do carné xove ou do carné máis teredes un desconto do 25 %. Esta cota inclúe a participación e as comidas durante todo o xogo, así como o desprazamento en autobús ata a zona de xogo.

A reserva de prazas poderédela realizar do día 1 de setembro ata o día 15 de setembro. Admitiranse ata un máximo de 500 xogadores.

Escolle xa o teu bando e prepárate para participar na máis espectacular batalla que endexamais se viu fora das pantallas de cine. Únete á loita de IRMANDIÑOS: A REVOLTA!

www.13negativo.com, 2006-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES