
Non podía ser menos pola nosa banda, dado que a conservación e proteción da Carvalleira de Menáncaro, e todo o seu contorno, é un dos nosos obxectivos.
A nosa Comunidade tamén ten feito as alegacións oportunas ao o
Proxecto normativo que regulará o Catálogo galego de árbores e
formacións senlleiras, sometido a información e audiencia pública, mediante a Resolución do 11 de Xullo de 2006, desa Dirección Xeral [publicado no DOG nº 143 do 26 de Xullo de 2006]. Para que incluan a Fraga de Menáncaro no ANEXO II do Proxecto, onde se relacionan as Formacións Senlleiras. Pois consideramos o lugar merecedor de normas protectoras específicas, dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do habitat natural e dalgunhas das árbores e espécimes da flora existentes na Fraga, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, e unha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes no Concello de Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición.
A actitude do Governo Municipal parece-nos positiva, mas non
suficiente, pois sobre a Fraga de Menáncaro, segue habendo unha
importante ameaza especulativa: o Plano Sectorial que pretende a
construcción de chalets na zona. Polo que instamos ao Governo
municipal do Concello de Ferrol a que paralicen dito proxecto
urbanizador e recalifiquen a Fraga como solo rustíco e comecen os
trámites diante da Xunta de Galiza para solicitar a zona como Espazo Natural Protexido.
http://menancaro.blogspot.com/
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.