Notas de prensa

Vicepresidencia ofrece a súa axuda ao Asilo San Marcos para calquera eventualidade ocasionada polo incendio forestal rexistrado en Santiago

Anxo Quintana reuniuse tamén co presidente da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires e con representantes da Casa de Boiro en Arxentina.

O director xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta, Bieito Seara, acudiu ao Asilo San Marcos, en Santiago, para interesarse polos posibles problemas que un incendio forestal orixinado na zona puidera ter causado aos usuarios deste centro.

No asilo, Seara trasladou á directora do mesmo en nome do vicepresidente da Xunta a súa disposición para o traslado dos residentes ou calquera outra axuda que puideran precisar.

O incendio orixinado nesta zona de Santiago está controlado e non afectou ao inmoble, de titularidade integramente privada e xestionado por unha entidade relixiosa, pero o director xeral de Acción Social ofreceulle aos seus responsables, os centros e medios dos que dispón a Vicepresidencia por se consideran necesario o traslado de algún residente dos 200 usuarios que ten este centro, ou calquera outra axuda.

Xuntanzas do vicepresidente da Xunta

NotaO vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, reuniuse co presidente da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires e tamén recibiu a representantes da Casa de Boiro en Arxentina.

Fotografías correspondentes ós encontros do vicepresidente da Xunta xa referidos

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, 2006-08-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES