Notas de prensa

Santiago Domínguez acompañou aos palistas galegos no Campeonato do Mundo de Augas Tranquilas

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, animou a delegación galega, moi numerosa en Szeged.

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, acudiu a Szeged (Hungría) para acompañar aos piragüistas galegos que participan nos Campionatos do Mundo de Augas Tranquilas que se desenvolven nesta localidade húngara. A delegación galega é a máis importante de todas as que forman o equipo español que participa neste campionato do Mundo, coa presenza de oito palistas, dous técnicos e un fisioterapeuta e en total son cinco os clubs galegos representados.

Santiago Domínguez puido reunirse con todos os deportistas galegos presentes nesta importante competición, para trasladarlles o seu orgullo porque Galiza estea tan ben representada no Campionato do Mundo e animalos a lograr os mellores resultados. O director xeral para o Deporte, que estará presente mañá nas finais nas que estean representados os galegos, recordou que “Galiza conta con grandísimos especialistas nesta modalidade deportiva que levan o nome do noso país polo mundo adiante e por iso só podemos animarlos a seguir traballando coa mesma dedicación e esforzo que ata agora”. Domínguez recordoulles aos deportistas que “sodes un exemplo a seguir para os máis novos e novas e contamos con todos vos para seguir traballando en favor do deporte de base”.

Ademais o próximo ano celebrase en Pontevedra o Campionato de Europa de Augas Tranquilas e tanto os deportistas coma a Dirección Xeral para o Deporte queren que esta competición sexa un absoluto éxito tanto a nivel deportivo coma organizativo. Será, sen dúbida, un momento especial para todos os deportistas, que por primeira vez poderán competir na súa terra nun torneo de alto nivel. Precisamente, un dos obxectivos desta viaxe a Hungría foi coñecer as instalacións, así coma a organización deste Campionato do Mundo, xa pensando no Europeo do 2007, xa que “queremos que en Verducido se poida ver o mellor Campionato de Europa en canto a organización”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-08-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES