Notas de prensa

Manifesto de Adega: Galiza contra o lume. Lume nunca máis

Dende sempre os montes do noso país teñen sido unha importante fonte de recursos naturais sobre os que foi posíbel boa parte do desenvolvemento do meio rural e da sociedade galega en xeral.

O VALOR DO MONTE:

Coa política de despovoamento rural que se inicia xa nos anos 60 cunha polí-tica de repovoación forestal que reduce os usos tradicionais do monte ao uso forestal e cunha política agraria comunitaria orientada ao aban-dono das nosas explotacións agrogandeiras para convertirnos a todos e a todas en consumidores dos excedentes europeos, o monte galego e boas partes das terras agrarias pasan a ter un valor productivo residual convertíndose na súa meirande parte en almacén de madeira en vivo para as plantas de papel de ENCE (Pontevedra) e NAVIA (Asturias). Aínda así, o monte nunca deixou de ser un recurso ambiental de primeira importancia, -como soporte de toda unha ampla diversidade de ecosistemas e hábitats naturais ou como sostén e alimento de impor-tantes recursos hídricos-, nen tampouco un importante recurso social como lugar para o lecer ou como recurso económico e social, -hoxendía son moitas as actividades e obras parroquiais que se están financiando en base aos recursos económicos aportados polos montes veciñais en mán común.

OS IMPACTOS DO LUME:

Todo incendio forestal provoca graves impactos ambientais, económicos e sociais. Cando un monte se queima, perde, a primeira vista, a cuberta vexetal e, con esta, a producción forestal, o pasto para o gando ou os recursos cinexéticos, amáis de sinificar unha degrada-ción total da paisaxe de indudábeis impactos sobre o turismo. Mais perde tamén complexos ecosistemas e hábitats de flora e fauna (incluídos os microorganismos e a materia orgánica do solo) de incalculable valor ecolóxico e de moi dificil recuperación. E, a maiores destes, tamén os impactos derivados da erosión: perda de solo, disminución dos recursos hídricos (facendo máis dificil a recuperación do meio natural), conta-minación da auga dos ríos e das rías polas cinzas e productos de combustión arrastrados pola auga.

AS CAUSAS DO LUME:

Os incendios forestais parecen xa un andazo do monte galego.As súas causas remotas son, dende logo, de tipo estrutural: unha política agrogandeira decidida dende Europa orientada, -como se dixo arriba-, ao abandono das explotacións agrarias e ao despovoa-mento rural; unha política forestal, -iniciada xa nos anos 60 principalmente orientada ao monocultivo de pinos e eucaliptos para beneficio exclusivo das industrias da pasta de papel-, que non soubemos correxir a pesar de que, xa no 1.989, unha Iniciativa Lexislativa Popular solicitaba un novo Plano Forestal para a posta en valor das funcións sociais, produtivas e ambientais do monte; xunto ao caos urbanístico que levou as urbanizacións ao monte e trouxo o monte até a cidade .

Pero o monte non arde se non se lle prende lume. Deixando a un lado a irresponsabilidade dos pirómanos, as imprudencias teme-rarias no manexo do lume e os incendios por causas naturais, son moitos os intereses que coinciden en que o monte arda: conflitos de uso (a caza, o pasto, a gandeiría, os danos do lobo, etc); conflitos de propiedade; comercio da madeira; recalificacións urbanísticas; infraestruturas, etc. Todas elas, -incluída a industria do lume creada ao rredor da política de extinción-, han de ser consideradas en calquera investigación sobre a causalidade dos incendios.

OS INCENDIOS DESTE ANO:

Mais ningunha destas causas, -aínda coincidindo cunhas condicións
climáticas de seca, calor e vento completamente favorábeis á extensión e propagación do lume-, pode explicar os incendios destes primeiros días de agosto. Non hai lei de proba-bilidade que poda explicar tal proliferación de incendios concentrados exclusivamente na parte máis povoada do territorio, cun lume que empeza arredor das zonas máis urbanas e povoadas, con varios focos de lume simultáneos que de seguida se convirten nun incendio incontrolado e cunha sofisticación de artefactos incendiarios que nunca antes tiñan aparecido. As consecuencias: uns medios técnicos e humanos ben pronto sobardados en toda a súa capacidade por non poder empregar outros formas de loita contra-incendios que as de atender a salvar as vidas da xente e as casas asediadas polo lume.

PRIMEIRAS PROPOSTAS CONTRA O LUME:

En calquer situación dramática como a que se vivíu nestes primeiros días de agosto, non pode haber outra prioridade que a loita contra o lume; mais ningún éxito é posíbel se primeiro non sabemos de onde nos vén. Así pois, compre empezar por identificar a intenciona-lidade que hai detrás destes incendios e, polo tanto, compre reclamar medios policiais e xudiciais ao respecto, pero tamén a colaboración de toda a cidadanía e a implicación do parlamento, do governo e de todos os poderes públicos a fín de que non tardemos en saber que intereses e intencións teñen dado lugar a esta vaga de lume que acabamos de sufrir.

E comprirá logo promover un gran pacto político e social que empece apartando o lume da loita partidaria; que avance na ordena-ción racional do territorio, e que, de forma urxente, -a máis de centrar a política da loita contra o lume na prevención máis que na extinción-, bote a andar unha nova política para a posta en valor do meio rural (de forma que se logre frenar, se non invertir, o despovoamento que hoxe padecemos) e unha nova política para o monte que parta de integrar as funcións ambiental, social e productiva deste, reintroducindo, por unha banda, a diversidade de usos tradicionais no monte galego e a diversidade de especies na producción forestal, e por outra abandonando para sempre o monocultivo do pino e do eucalipto
para o lume ou para as industrias de pasta de papel.

Adega, 2006-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES