O Goberno galego está despregar unha serie de medidas para atallar os posibles efectos da vaga de incendios forestais acaecidos en Galicia estes dÃas. Entre as actuacións postas en marcha cabe salientar as encargadas de monitorizar e controlar a calidade das augas dos rÃos e dos encoros que abastecen aos principais núcleos de poboación, asà como as augas dos polÃgonos de bateas e nas zonas de produción de moluscos para detectar calquera alteración que puideran sufrir.
Ao mesmo tempo, se están a despregar actuacións de prevención da erosión e recuperación do solo queimado, para a protección da biodiversidade, e iniciativas para extremar a vixilancia, control e limpeza das marxes das estradas e a reposición dos sinais de tráfico.
O Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta (ConsellerÃas de Pesca e Medio Ambiente) activaron conxuntamente un plan de control de calidade das augas, con analÃticas periódicas de todas as augas da comunidade autónoma para controlar e corrixir, se é necesario, calquera impacto o afección dos lumes nas concas e o litoral galego.
Deste xeito, as augas dos rÃos e encoros que abastecen aos principais núcleos de poboación de Galicia (Conca Galicia-Costa) permanecen baixo un estrito control de calidade. O Ministerio de Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Norte e de Demarcación de Costas, encargase das augas mariñas asà como das da conca Miño-Sil. A ConsellerÃa de Medio Ambiente, pola súa banda, fará a revisión das augas de abastecemento de Galicia-Costa.
Efectos no medio mariño
Para determinar os posibles efectos sobre o medio mariño dos incendios forestais que afectaron a Galicia, o Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia), centro dependente da ConsellerÃa de Pesca, ten establecido un sistema de control para detectar as posibles alteracións das augas e os efectos que terÃan nos polÃgonos de bateas e nas zonas de produción de moluscos. O traballo ten como obxectivo determinar si existe un aumento de partÃculas en suspensión na auga do mar nas zonas de produción tras as choivas, valorar un posible incremento na concentración de materia orgánica disolta nas concentracións de sales nutrientes (nitratos, nitritos, fosfatos, silicatos e amonio), a avaliación dos niveis de osÃxeno disolto na columna de auga, o seguimento das posibles consecuencias no fitoplancto, a través da análise da concentración de clorofilas, e o estudo dos efectos, si os houbera, sobre a composición das comunidades de fitoplancto e a súa diversidade especÃfica.
Para reforzar o control habitual e determinar as secuelas que puideran provocar os arrastres tras as choivas, procedeuse á instalación de turbidÃmetros en bateas representativas das principais zonas de produción de moluscos da RÃa de Arousa e na zona máis próxima á desembocadura do rÃo Ulla. Nos próximos dÃas instalaranse novos equipos para dar cobertura as demais rÃas galegas.
Asà mesmo, estanse a recoller mostras complementarias, mediante botellas oceanográficas, para a análise de carbono orgánico disolto, materia orgánica e sales nutrientes, incrementando a frecuencia das mostraxes nas zonas internas das rÃas de Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo para localizar posibles variacións da concentración na auga.
Por outra banda, farase unha mostraxe especÃfica de moluscos e conservaranse as mostras para as análises de biotoxinas, metais, organoclorados, hidrocarburos e patóxenos.
Actualmente están a traballar nos posibles efectos da vaga de incendios por parte do Intecmar, persoal da Unidade Oceanográfica e Fitoplancto, que realiza un seguimento semanal en 48 estacións para detectar calquera alteración nas augas das variables oceanográficas, as clorofilas e o fitoplancto. Pola súa parte, a Unidade de BioxeoquÃmica Mariña realiza o seguimento do carbono disolto, materia orgánica e sales nutrientes en máis de 40 estacións da costa galega, mentres que a Unidade de Biotoxinas do centro realiza un seguimento de biotoxinas mariñas nos organismos con destino ao consumo humano, nos polÃgonos de bateas e zonas de produción de moluscos.
O persoal adscrito ás unidades de Metais, Organoclorados e Hidrocarburos está facendo controis de mexillón de rocha, polÃgonos de bateas e zonas de moluscos en máis de 60 puntos do litoral para determinar a presenza de metais, organoclorados ou hidrocarburos nos moluscos. Por último, os técnicos das unidades de MicrobioloxÃa e PatoloxÃa estanse a encargar do seguimento e control macrobiolóxico das zonas de produción e da posible aparición de patoloxÃas nos moluscos.
Por outra banda, un equipo formado polos biólogos de zona das delegacións da ConsellerÃa de Pesca en Pontevedra e A Coruña, en colaboración coas asistencias técnicas das confrarÃas, está facendo un estudo estimativo da produción de recursos pesqueiros dos últimos anos e tamén das diferentes especies que se atopan nos bancos marisqueiros máis próximos ás desembocaduras dos rÃos. Isto permitiranos facer unha comparativa dos resultados que se obteñan agora e nun futuro coas cifras de anos anteriores, no mesmo perÃodo de tempo. O obxectivo desta medida, que se completará cos datos da venda en lonxa, é determinar si existe unha posible afección da cinza nas zonas de produción.
Este tipo de mostraxe tan exhaustiva é habitual no mes de setembro e ten como finalidade a avaliación do estado dos recursos para plantexar os plans de explotación anuais. Debido á vaga de incendios, dende a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, decidiuse adiantar este traballo para obter todos os resultados o antes posible e, deste xeito, poder valorar a incidencia ou non deste suceso nos bancos marisqueiros.
ConstituÃuse o comité cientÃfico asesor para desenvolver o Plan de actuación para a prevención da erosión e recuperación do solo queimado polos lumes. Este equipo técnico está integrado por investigadores das tres universidades galegas, do Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC) e por técnicos das consellerÃas do Medio Rural e Medio Ambiente.
Tamén están en marcha actuacións especificas para zonas protexidas da Rede Natura que foron afectadas polos lumes. A recuperación destes espazos, asà como das súa fauna e flora, farase con medidas concretas para cada un deles.
A ConsellerÃa de Medio ambiente, que descarta a suspensión en calquera caso da tempada de caza (con carácter xeral empeza en outubro), iniciará a vindeira semana a rolda de contactos co conxunto dos cazadores para adoptar medidas puntuais nas periferias das zonas queimadas ademais de velar por garantir alimentos e auga aos animais, fundamentalmente coellos e perdices, que viven en zonas arrasadas polos incendios.
A través da ConsellerÃa de PolÃtica Territorial se está a extremar a vixilancia, control e limpeza das marxes das estradas cunha medida que complementa os plans das consellerÃas de Presidencia e Medio Rural. Dende o primeiro momento, a consellerÃa de PolÃtica Territorial trasladou as súas catro delegacións provinciais e ás empresas de conservación integral de estradas a súa solicitude de maximizar a capacidade dos operativos para facer revisións permanentes nas marxes das vÃas de comunicación.
Pola súa banda, o Servizo de Emerxencias do 112 -dependente da ConsellerÃa de Presidencia- conta nestes momentos con catro equipos adicionais de desbroce e extinción. Dous deles están a actuar polas marxes externas da AP9, mentres que os dous restantes atópanse a disposición das vÃas do Salnés, Barbanza, Val Miñor e Carballo.
Se levarán a cabo reunións de coordinación para extremar a limpeza e desbroce das marxes das estradas, dando prioridade ás zonas afectadas polos lumes. Asemade, con carácter de urxencia extrema, levarase a cabo unha revisión dos sinais de tráfico de toda a rede autonómica para proceder á reposición da que puideran resultar danados a causa dos lumes destes dÃas.
Asà mesmo, cabe lembrar que durante a vaga de incendios que asolou Galicia durante os pasados dÃas, a ConsellerÃa de PolÃtica Territorial, Obras Públicas e Transportes puxo a disposición da ConsellerÃa de Medio Rural, desde o primeiro momento a maquinaria de empresas de obras públicas para que o operativo de extinción contase coa máis ampla cantidade posible de medios.
Asemade, ordenou o permanente funcionamento de todo o operativo de antenemento de estradas e mantivo aberta a AP9 desde as 18.00 horas do 9 de agosto ata as 18.00 horas do 14 de agosto. Como medida de reforzo, se mantiveron reunións de coordinación con Carreteras del Estado e as demais consellerÃas da Xunta para que operativo de estradas permanecese en alerta.