Notas de prensa

Exposición no Museo do Pobo Galego do Certame de Fotografía sobre Cultura Popular 2004-2005

Pódese ver entre o 3 e o 27 de agosto de 2006.

Dende o día 3 ata o 27 de agosto o Museo do Pobo Galego presenta a exposición correspondente ao Certamen de fotografía sobre cultura popular, nas edicións 2004 e 2005.

Este certame, que o Ministerio de Cultura convoca anualmente desde 2001, pretende, a través da exposición itinerante que organiza o Museo del Traje – C.I.P.E., dar a coñecer o traballo dos artistas premiados e seleccionados polo xurado, entre todos aqueles traballos presentados.

Na edición de 2004 o primeiro premio recaeu na reportaxe Peches, de Luís Higinio Flores Rivas, que ten colaborado co Museo do Pobo Galego na montaxe de varias exposicións. Os premios segundo e terceiro recaeron, respectivamente, en Eduardo Arrillaga Santolaya por El bolo e en Manuel Jesús Ojeda Camacho por Cacerías populares.

Nos tres primeiros premios de 2005 están presentes aspectos asociados ao mundo dos rituais ou ao ámbito festivo. O primeiro premio outorgóuselle a María Auxiliadora Zamora Moya pola obra El día de los difuntos; o segundo a Andrés Guillermo Marín Garijo, por Las cruces de mayo en Berrocal, e o terceiro a Carlos Verdú Belda, por Primera recreación histórica de las batallas de Castalla, 1812 y 1813.

As fotografías seleccionadas en ambas as convocatorias amplían o repertorio temático abordando, entre outros motivos, o traballo de pastores e pescadores, o mundo dos artesáns, os produtos de fabricación industrial, como os xoguetes de Ibi, o carnaval de Laza, a arquitectura popular, o ritual das pedras en Muxía... Tamén atopamos fotografías que tratan aspectos característicos das formas de vida da nosa época: as alusións ás fases da vida, por exemplo, únense a temas como os graffiti ou a reciclaxe de produtos de refugallo.

A exposición do Certamen de fotografía sobre cultura popular debuxa, pois, un mosaico de temas que reflicte unha parte da realidade peninsular de comezos do século XXI.


Museo do Pobo Galego, 2006-08-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES