A nova supertaxa coa que o Ministerio de Agricultura volve a castigar ao sector leiteiro 107 millóns de euros que afectan a 200 gandeiros e gandeiras en Galiza- vén a demostrar que os dereitos de produción son manifestamente insuficientes para centos de explotacións que se vén obrigadas a superar a súa cota asignada para poder chegar a fin de mes.
O peor de todo é que, lonxe de darlle solución a isto cun plano de reestruturación do sector que proporcione cota a aquelas explotacións que estean por baixo da media estatal, o Ministerio deixará que o 80% dos dereitos abandonados fiquen na comunidade autónoma onde están, a pesares de que en moitas delas as explotacións superan con creces a media do Estado e non os necesitan para garantir a súa viabilidade. Nin sequera o 20% restante se repartirá con criterios que dean prioridade aos miles de pequenas e medianas explotacións que se atopan ao borde da creba económica por non poder producir máis, nun contexto de medre constante dos custes de produción pensos, gasóleo, abonos, etcétera- e de estancamento ou baixada no valor do leite en orixe.
Por iso, o Sindicato Labrego quere insistir na esixencia de que o Ministerio de Agricultura dea marcha atrás ao plano leiteiro anunciado esta semana, e o redeseñe para facer viábeis a todas aquelas explotacións leiteiras cuxos dereitos produtivos se atopen por baixo da media estatal, que en Galiza son a maioría. O actual plan só incidirá na desigualdade no reparto de cota entre comunidades, e converterá en foto fixa as inxustizas actuais como que, en Galiza, máis do 50% das explotacións leiteiras do Estado teñan que apañarse só co 35% dos dereitos produtivos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.