O consello dirección do Instituto Galego de Promoción Económica aprobou a sinatura dun convenio entre o IGAPE e as entidades financeiras para facilitar a adquisición de dereitos de pesca aos armadores galegos que operan dentro dos límites xeográficos da Comisión de Pesca do Atlántico Nordés (NEAFC). A través deste acordo, propiciado pola Consellería de Pesca, o IGAPEmestablecerá unha liña de avais coas que poder financiar tanto as operacións de adquisición directa de dereitos de acceso ás pesqueirías como a adquisición de buques que teñan acumulados ditos dereitos. Nesta segunda
modalidade de financiamento, o barco ao que estean asociados os dereitos de pesca será revendido ou destinado á paralización definitiva conforme á lexislación vixente.
Os importes obtidos pola venda da embarcación sen
dereitos de pesca ou a prima que se perciba pola paralización definitiva destinarase á amortización anticipada do préstamo.
Por outra banda, tamén será financiable a adquisición da totalidade do capital social de sociedades mercantís que teñan como único inmobilizado buques que gocen de dereito de acceso ás pesqueirías.
A contía global dos préstamos acollidos a este convenio ascenderá a un máximo a 30 millóns de euros.
Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Carmen Gallego pretende contribuir á consolidación do sector pesqueiro de Galicia que faena en augas de NEAFC, potenciando a súa rendabilidade e propiciando unha explotación máis racional do caladoiro, dentro do marco vixente de axuste
permanente do esforzo pesqueiro no mesmo.
Beneficiarios
Segundo se indica no acordo aprobado hoxe, poderán acceder a estas axudas as agrupacións de armadoras galegas e os armadores de buques de pesca con bandeira española e porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. Os interesados deberán presentar ao IGAPE a súa solicitude antes do 31 de
decembro do 2007 dende o día seguinte da publicación do convenio no Diario Oficial de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.