Notas de prensa

A Xunta prevé que a Lei de Coordinación de Policías Locais entre en vigor antes de final de ano

O anteproxecto de Lei foi visto e informado favorablemente na Comisión Galega de Cooperación Local, na súa xuntanza.

O anteproxecto de Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia foi visto e informado favorablemente na Comisión Galega de Cooperación Local, na súa xuntanza de hoxe. O proxecto de Lei será levado ao Consello da Xunta en setembro, e previsiblemente entrará en vigor antes de rematar o ano.

Este anteproxecto de lei pretende mellorar a profesionalidade dos funcionarios que forman estes corpos -arredor de 2.500 persoas en toda Galicia-, ademais de aumentar a coordinación entre as policías locais e o resto de corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia. Así mesmo, con esta norma se queren mellorar as canles de coordinación para facer posible que, con independencia do lugar de traballo, o funcionamento do corpo, o procedemento de selección dos axentes e as funcións que se prestan sexan homologables entre si.

Así mesmo, a lei prevé aspectos como a regulación da segunda actividade a partir dos 58 anos, a posibilidade de que a Xunta se faga cargo integramente do proceso de selección e formación dos axentes mediante convenios cos concellos ou a necesidade de que, dende a súa aprobación, os novos axentes teñan realizado estudios mínimos de bacharelato.

Ademais, regula a carreira profesional dos policías locais e modifica as denominacións das diferentes categorías, que pasan a ter denominacións civís, superando o modelo baseado en terminoloxías militares. Alén diso, a lei introduce aspectos relacionados coas funcións de vixilancia nos concellos onde non haxa policía local.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) informou favorablemente o proxecto unha vez que se pactaron fórmulas específicas para que non signifiquen un incremento dos custos que soportan os concellos, así coma procedementos transitorios para a entrada en vigor da lei.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, 2006-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES