
A programación da 46 edición da RomarÃa Vikinga está xa en marcha. Desde o mércores 26 celébrase na Casa da Cultura de Catoira o curso de verán da Universidade de Santiago "O teatro como instrumento de activación do patrimonio" no que están participar 40 alumnos/as procedentes de distintos puntos de Galicia.
O sábado 29, ás 21,00 horas, chega a animación de rúa cun espectáculo de Novo Circo Galego, patrocinado por Caixanova. Na Alameda do Concello actuarán algunhas das compañÃas máis representativas da nova escena galega. Unha fiestra para coñecer en directo o traballo que están a desenvolver os e as profesionais do teatro de rúa e o circo contemporáneo en Galicia. Coa polifacética artista compostelá Pajarito como directora de pista e co acompañamento musical dunha banda en directo, neste espectáculo terán cabida unha variedade de técnicas circenses, como o clown, as acrobacias, o mimo ou os malabares: humor, risco e espectacularidade para un público de cero a noventa e nove anos. Tódolos rapaces/zas asistentes recibirán un agasallo.
O domingo 30, a partir das 20,00 horas celébrase na Rúa da Estación un Festival de Bandas de música. Acturán as bandas de Barro, Meaño e, por suposto, a de Catoira.
O luns 31 de xullo estréase "Teatro Amador", a obra dirixida pola
catoirense Teresa RodrÃguez e na que participan 110 actores e actrices afeccionados de Catoira. A representación repetirase tódalas noites ata o sábado 5 de agosto ás 22,30 h. no recinto das Torres de Oeste.
O mércores 2 de agosto inaugúrase na Casa da Cultura de Catoira a
exposición "A RomarÃa Vikinga". Na mostra poderá facerse un percorrido pola historia da romarÃa, que naceu no ano 1960, a través da cartelerÃa e programas, fotografÃas. Tamén se expoñerá o vestiario dos vikingos que participan no desembarco e obxectos relacionados co mundo vikingo. A exposición poderá visitarse ata o 31 de agosto.
O xoves dÃa 3 e o venres dÃa 4 os máis pequenos poderán gozar na área recreativa da praia fluvial de actividades de animación desde as 17,00 ata as 21,00 horas. Haberá obradoiros de abalorios e chaveiros e inchables. En caso de chuvia esta actividade trasladarase ó Pavillón Municipal de Deportes.
O venres 4, ás 20,00 horas, ofrecerá un concerto didáctico na Casa do Concello o músico e compositor islandés Sigurdur Rúnar Jónsson. Experto en música folclórica islandesa é un dos músicos máis destacados do seu paÃs. Con 15 anos tocou como solista na Orquesta Sinfónica de Islandia. Foi membro de "Náttúra", un dos grupos pop máis populares de Islandia nos anos 70. Foi director musical da primeira posta en escena en Islandia da ópera "Hair" e do musical "Tommy". Interpretou a un violinista na montaxe musical "Oklahoma" do Teatro Nacional de Islandia, ademais de ocuparse da composición, dirección e arranxos da música de varias pelÃculas e obras de teatro. En 1980 fundou o estudio de gravación Studio Stemma. Desde a súa infancia sentiu gran fascinación pola música folclórica e popular islandesa e realizou numerosas xiras por Islandia e polo estranxeiro.
A partir do sábado 5 de agosto expóñense na Casa do Concello os paneis definitivos que recollen a toponimia e microtoponimia de Catoira. Ese mesmo dÃa, ás 20,30 h., o cociñeiro Marcelino Campaña Iglesias presenta o libro "Cocina Vikinga. Una cocina gallega diferente" onde recolle máis dun cento de receitas propias, boa parte delas dedicadas á RomerÃa Vikinga, como a tortilla vikinga, os ovos vikingos, o arroz á delicia vikinga ou barco vikingo de calamares e mariscos. Marcelino Campaña leva máis de 30 anos como Chef de cociña elaborando menús e receitas propias en cociña galega, nacional e internacional, asà como
cociña con algas. O Concello de Catoira colabora na edición desta
publicación.
Ese mesmo dÃa, sábado 5, ó rematar a presentación do libro, ás 21,00 horas, actuará na Alameda do Concello o grupo "Rancho Folclórico de Rubiães". Trátase dun grupo de música tradicional portuguesa de Paredes de Coura, integrado por 75 persoas. Esta actuación é froito dos contactos que comezou a establecer o Concello de Catoira con esta vila portuguesa. O Concello está organizando unha viaxe para a mocidade de municipio para participar no festival de música que se celebra en Paredes de Coura entre o 17 e o 20 de agosto.
O domingo 6 de agosto chega o dÃa forte da RomarÃa. Coma tódolos anos milleiros de persoas gozarán da música e o baile tradicional de seis grupos folclóricos, o mercado medieval, os mexillóns e viño tinto do Ulla e, por suposto, o desembarco vikingo.
Pola tarde a animación trasládase á Rúa da Estación, onde haberá un espectáculo con malabaristas, percusiontistas, zancudos, trebellos..., a partir das 19,00 horas.
Ãs 20,00 horas comeza o "Circo dos Tarabelos" na Praza do Doutor
Vázquez, e ás 21,30 h., no mesmo lugar, impartirase un obradoiro de xogos malabares.
A festa remata pola noite cunha verbena na Alameda do Concello coa actuación das orquestras Montes e Suavecito.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.