Notas de prensa

Obradoiros de verán no Marco: Olladas do revés / Miradas del revés

Se celebra entre el 11 de julio y el 2 de septiembre de 2006.

¿Para quen?
Para nenos/as de 3 a 8 anos, sos ou acompañados de persoas adultas
¿Onde?
No Laboratorio das Artes (espazo de didáctica no primeiro andar)
¿Cando?
De martes a sábados (festivos incluídos), de 12.00 a 14.00

Produción
MARCO, Departamento Educativo
Deseño do programa: Pedro A. Cordón Casais e Mª Xosé Martínez Pérez, coa colaboración de Anxeles Rodríguez Bermúdez

Prezo
Os talleres son gratuítos para o público infantil. Os adultos acompañantes deberán abonar a entrada do museo segundo os días e tarifas correspondentes.

Tarifa de entrada: 3€
Mércores todo o día: entrada gratuíta
Amigos do MARCO: entrada gratuíta
Estudiantes con carné/maiores de 65 anos/desempregados/pensionistas: 2€
Familia numerosa: 1€

Máximo 3 nenos por adulto. Posibilidade de reservas para grupos até un máximo de 15 participantes por día.

INFORMACIÓN XERAL

Para os meses de verán, o departamento educativo do MARCO ten preparado un programa de talleres infantís que leva por título OLLADAS DO REVÉS / MIRADAS DEL REVÉS, no que o achegamento a outras culturas serve de base para realizar proxectos artísticos cunha clara orientación didáctica. Inspirado na exposición ‘DO REVÉS. Artistas contemporáneos de Israel’, e desenvolvido paralelamente a esta mostra, o eixo do programa é intentar observar o mundo dende outros puntos de vista, a través da realidade de culturas diferentes á propia.

O fío condutor é unha viaxe ao redor do mundo. A través dun conxunto de actividades –narracións orais, talleres artísticos, proxectos colectivos, visitas ás salas de exposición– entramos en contacto con obxectos e personaxes doutros países e culturas, que serven de base para realizar proxectos artísticos individuais e colectivos. Deste modo fomentamos a súa creatividade, o disfrute e a experimentación con diversas técnicas e soportes, ao tempo que lles axudamos a ser conscientes da diversidade do mundo.

OBXECTIVOS
- Fomentar o respecto por realidades distintas á propia, e o recoñecemento das diversidades e similitudes como elementos enriquecedores das distintas culturas
- Contribuír á educación da mirada; potenciar a percepción visual e sensorial
- Mellorar habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación
- Potenciar a creatividade e imaxinación
- Axudar a construír valores como tolerancia e solidariedade

ACTIVIDADES
Os martes, mércores, xoves e venres, as sesións inícianse cunha narración oral, que se utiliza como punto de partida para o desenvolvemento dun proxecto artístico.

1ª parte: ‘VIAXES DO REVÉS’
A narración oral, que algunhas veces vai acompañada de proxeccións de imaxes, permítenos situarnos xeograficamente no lugar escollido, introducir algúns elementos de interese, e motivar aos nenos cara á actividade posterior. Os protagonistas da viaxe son cinco animais de diferentes características (un elefante, unha balea, un aguia, un camaleón, un camelo) que axudan a construír a historia de cada día e que nos acompañarán en cada percorrido.

2ª parte: ‘PROXECTOS DIFERENTES’
Na segunda parte da sesión desenvolvemos proxectos artísticos relacionados directa ou indirectamente coa cultura protagonista da nosa historia. Ademais, nun diario de viaxe ou pasaporte que preparamos o primeiro día, cada neno debuxará ou escribirá algo sobre a historia dese día como memoria do lugar visitado.

NotaOs sábados, unha obra da mostra ‘DO REVÉS’ será a base da nosa actividade, polo que, en lugar da historia narrada, a sesión iníciase cunha visita ás salas de exposición, o que dará lugar a un proxecto colectivo.

CALENDARIO TEMÁTICO

SEMANA 1 (do 11 ao 15 de xullo)
A viaxe
Día 1: O pasaporte, diario dunha viaxe
Día 2: A maleta salvaxe
Día 3: Unha viaxe complicada
Día 4: Baixo as estrelas (unha bonita historia)
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo (Mans unidas)

SEMANA 2 (do 18 ao 22 de xullo)
América do Sur
Día 1: Papel Mola
Día 2: Saci-Perere
Día 3: Palo de choiva
Día 4: Sol azteca
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

SEMANA 3 (do 25 ao 29 de xullo)
América do Norte
Día 1: Totem
Día 2: Escudo indio
Día 3: Pinturas navajo
Día 4: Skyline
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

SEMANA 4 (do 1 ao 5 de agosto)
África
Día 1: Makala
Día 2: Máscaras africanas
Día 3: A sabana
Día 4: Os exipcios
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

SEMANA 5 (do 8 ao 12 de agosto)
Asia e Oceanía
Día 1: Boneco Daruma
Día 2: Dragón chinés
Día 3: Cometa xaponesa
Día 4: Mans aborixes
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo


SEMANA 6 (do 15 ao 19 de agosto)
O mundo
Día 1: ¡Olá!
Día 2: Un puzzle de razas
Día 3: O planeta terra
Día 4: Colaxe do mundo
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

SEMANA 7 (do 22 ao 26 de agosto)
Artefactos
Día 1: Móbiles de metal
Día 2: Pinturas de serrín
Día 3: Mosaicos
Día 4: O xardín zen
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

SEMANA 8 (do 29 de agosto ao 2 de setembro)
Do revés
Día 1: Calendario chinés
Día 2: Escritura árabe
Día 3: O día feliz dos mortos
Día 4: Un conto que non se le
Día 5: visita á exposición ‘DO REVÉS’ + proxecto colectivo

Gabinete de Comunicación MARCO, 2006-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES