Notas de prensa

Special Olympics Galicia recoñece o labor de varios persoeiros a prol das persoas con discapacidade intelectual

A asociación galega promotora do ocio, tempo de lecer, e deporte para as persoas con discapacidade intelectual outorgou por primeiro ano a MEDALLA SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Special Olympics Galicia concedeu a Medalla Special Olympics Galicia 2006 a cinco persoeiros pertencentes ao Movemento Asociativo recoñecendo deste xeito o traballo realizado durante anos en favor das persoas con discapacidade intelectual en Galiza. As MEDALLAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA foron creadas este ano para recoñecer a labor de varias persoas pola promoción do movemento asociativo de familias e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.

A entrega do galardón fíxose efectiva na Convivencia de Familias de Special Olympics Galicia e Fademga Feaps Galicia celebrada a comezos de xullo en O Carballiño e as personalidades que a recibiron foron:

• D. BERNARDINO GONZÁLEZ GARCÍA, da Asociación ASPANAS, de Ourense. Bernandino foi fundador en 1966 da Asociación ASPANAS, de Ourense, e conta con 30 anos de servizo á causa das persoas con discapacidade intelectual

• D. CARLOS ORTIZ RAMOS, da Asociación San Francisco, de Vigo. Carlos Ortiz foi o iniciador dos Centros San Francisco no ano 1966 e continúa ao frente dos mesmos, tamén foi cofundador de FADEMGA FEAPS GALICIA, e asesor da Oficina Internacional da Infancia. Conta con varios galardóns de recoñecido prestixio como a Medalla de Galicia, Vigués distinguido...

• D. CARLOS OUTEIRIÑO MUÑOZ, da Asociación As Burgas, de Ourense. Carlos Outeiriño pertence dende 1976 á Asociación As Burgas, entidade que foi fundada en 1973. Durante 30 anos dedicouse a colaborar desinteresadamente con esta Asociación.

• DNA. Mª CONCEPCIÓN TEIJEIRO REVILLA, da Asociacion Aspnais, de Lugo. Nomeada Presidenta de Honra de Aspnais en 1970 ten no seu poder a Cruz e Banda da Beneficencia, outorgada en 1971. En 1979 foi elexida Presidenta efectiva da Asociación Provincial de Pais de Minusválidos Psíquicos de Lugo (ASPNAIS) e en 1979 elexida presidenta efectiva da Asociacións. Conta con numerosos galardóns como Lucense del Año en dúas ocasións, en 1996 foi nomeada Milagrosista del Año, en 2003 a proposta do Conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e por acordo do Consello da Xunta de Galicia, concédeselle a Medalla Castelao. Conta con catro libres escritos e na actualidade segue presidindo ASPNAIS.

• D. ELÍAS PALACIO VERDINI, da Asociación Aspronaga, de A Coruña. Elías Palacio foi xerente de ASPRONAGA dende setembro de 1966 ata decembro de 2002 e actualmente é Secretario da xunta Directiva da asociación e da FUNDACIÓN TUTELAR ASPRONAGA. É tamén membro da xunta Directiva de FADEMGA, do Consello Galego de Persoas con Discapacidade e do Comité Executivo do CERMI Galicia.

• D. CARLOS MARTÍNEZ GONZÁLEZ, da Asociación Aspronaga, de A Coruña. Carlos Martínez é socio de ASPRONAGA dende 1969, vocal da xunta rectora dende 1970, vicepresidente en 1971, e Presidente dende 1978 ata o seu cese en 2002. Promotor e Presidente da Fundación Tutelar Aspronaga dende a súa constitución en 1996 ata a actualidade, participou na constitución e redacción dos Estatutos de FADEMGA, sendo o seu primeiro presidente dende 1979 ata 1981. Foi membro da Xunta Directiva de FEAPS e do órgano de goberno da Mutualidade de Previsión Social de Axuda a Minusválidos.

Eladio Fernández (presidente Special Olympics Galicia), 2006-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES