Notas de prensa

Touriño estuda co director xeral de Investigación da Comisión Europea vías de financiamento comunitario para os proxectos galegos de I+D+i

O presidente da Xunta reuniuse en Monte Pío co Director Xeral de Investigación da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez.

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, reuniuse en Monte Pío co Director Xeral de Investigación da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, para analizar a posibilidade de financiamento comunitario para proxectos galegos de I+D+i.

No encontro, no que tamén participou o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino, o titular da Xunta e o responsable de I+D da Comisión Europea fixeron un análise global das ideas e proxectos que a Xunta de Galicia ten previsto desenvolver no marco da política de I+D+i nos vindeiros anos e estudaron posibles vías de financiamento por parte da Unión Europea.

O xefe do Executivo galego informou a Silva que o Goberno galego marcouse o obxectivo de duplicar os investimentos en I+D no horizonte desta lexislatura e que ten previsto destinar para esta finalidade 800 millóns de euros no período 2006-2010.

Touriño tamén expuxo a Silva a proposta da Xunta en materia de centros de referencia. Explicoulle que unha das medidas fundamentais que se abordarán no campo da innovación e a formación será a creación dunha ”rede galega de centros tecnolóxicos de referencia” integrada polo Centro de Investigación de Ciencias e Tecnoloxías da Vida; o Centro de Investigación do Software; a Cidade do Mar; o Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes; e o Centro de Investigación de Supercomputación Aplicada. Esta iniciativa estará ligada de forma directa co impulso de plataformas tecnolóxicas entre a universidade, a administración autonómica e as empresas.

Centro de Nanotecnoloxía

Así mesmo, analizaron polo miúdo o proxecto do Centro Internacional de Nanotecnoloxía de Braga, que será creado conxuntamente polo Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior de Portugal e o Ministerio de Educación e Ciencia de España e que será financiado con fondos públicos procedentes destes dous gobernos (español e luso) e tamén con fondos europeos.

Este instituto de I+D será xestionado baixo a responsabilidade conxunta de ambos os dous Gobernos, terá carácter internacional e estará aberto á participación das institucións e de especialistas de todo o mundo. O centro nace co obxectivo de converterse en lugar de referencia internacional.

O Centro Internacional de Nanotecnoloxía de Braga terá como obxectivos básicos potenciar e promover a investigación e o desenvolvemento entre Portugal e España e outros países do mundo; fomentar a creación de grupos multidisciplinarios en materia de I+D; acadar un equilibrio entre a busca de fundamentos e aplicacións das novas tecnoloxías; fomentar a creación de novas compañías e potenciar o desenvolvemento científico e técnico nas rexións europeas e, en definitiva, promover cursos e actividades que promovan a difusión da nanotecnoloxía tales como a creación de cursos de posgrao.

Así mesmo, neste obxectivo de difundir a nanotecnoloxía procurarase a súa aproximación aos medios e a súa presenza en museos científicos, fundacións ou publicacións especializadas.

Este centro, ademais, procurara actuar como ponte de colaboración nesta materia entre os países de América Latina e Europa.

Preto de 200 científicos

O Centro de Braga contará con preto de 200 científicos, aos que hai que sumar o persoal técnico e administrativo do complexo.

As súas instalacións están dotadas coas últimas técnicas físicas e químicas necesarias para a preparación de nanoestructuras; conta con habitacións especiais para os materias inorgánicas e biolóxicas; lugares para o deseño de prototipos e para a instalación de novas compañías, así como material técnico especializado.

O centro conta cunha superficie de traballo de 8.000 metros cadrados; espazos sociais como biblioteca, auditorio, salas de reunións que ocupan un espazo de 2.000 metros cadrados e outros 1.500 metros cadrados destinados á instalación de empresas privadas nas súas dependencias. Tamén hai espazo para que residan alí de científicos e estudantes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES