Notas de prensa

O Festiclown 2006 volve a convertir Compostela na capital da peregrinaclown

Esta sétima edición do festival contará con novedades importantes, coas que pretende superar o éxito de asistencia e de calidade artística acadado en campañas pasadas. Un encontro internacional de malabaristas, a actuación estelar de Faemino y Cansado e a ampliación do apartado social, son algúns dos puntos fortes que propón.

O Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, desembarca por terceiro ano consecutivo na cidade de Santiago de Compostela, consolidándose a súa presencia nos veráns da capital galega. Do 31 ao 6 de agosto, esta volta a transformarase no paraíso dos payasos, o humor e a risa solidaria, grazas á Concellería de Cultura, ó Xacobeo e á entidade xestora do Festiclown, Coper@ctiva Cultural, que promoveu dende o seu nacemento no ano 2000 este proxecto tan singular en todo o Estado Español.

Como ven sendo habitual, o Festiclown Compostela convertirase nun escenario único para espandir a formación teatral, a dinamización social e o espíritu solidario e comprometido a través das súas seccións e espazos artísticos, cunha nova aposta decidida pola calidade e o prestixio internacionais en clave de clown e de humor.

A sección formativa do Festival, Formaclown, oferta 10 cursos e máis de 250 prazas. Contará con mestres internacionais xa habituais do festival, coma o irreverente pallaso americano Jango Edwards, que imapartirá un curso de clown xunto ao seu estreito colaborador Peter Ercolano. Outro dos padriños do Festival, o comprometido e á vez polémico bufón Leo Bassi, voltará ao Festiclown por segundo ano consecutivo co seu curso “En Busca da túa Identidade Cómica”. Outros o visitan por primeira vez, como o italiano Carlo Boso, un dos máis prestixiosos directores de teatro europeos. Xunto con Blanca del Barrio (asistente de Marcel Marceau), encabezan o listado dos grandes mestres e artistas dos cursos de Formaclown 2006. Loco Brusca, Jesús Jara, Pablo Pudnik, Sergio Claramunt, o galego Pablo Trasno e Ãngel Sánchez, completan o listado dos recoñecidos nomes que participan na maior escola de formación clown en Europa.

O prato forte do programa da Mostra Internacional, será a actuación do popular dúo cómico español Faemino y Cansado. O Festiclown vestirase de gala polas noites do festival para recibir, dentro desta sección, a algúns dos artistas de maior prestixio e recoñecemento internacional dentro do universo do clown, o humor e o teatro cómico. O destacado actor e cómico Pepe Viyuela, sobradamente coñecido polas súas aparicións televisivas, o transgresor clown e malabarista americano Dirty Fred ou a poética dos mallorquíns Res de Res, serán outros dos grandes atractivos do programa.

Como gran novidade desta edición, o Festiclown acollerá un Encontro de Malabaristas, con talleres de malabares e circo, espectáculos de rúa, Olimpiada malabar e unha gala de artistas de Circo con algúns dos nomes máis sobresaíntes do estado: Javi Javichi, Manolo Carambolas, Capitán Maravilla e os Hermanos Inconfindibles.

Un bo número de compañías galegas, do estado e do resto do mundo presentarán os seus espectáculos nalgunha das Clownvocatorias Artísticas que ata o momento están rexistrando unha resposta moi exitosa tanto pola cantidade e calidade dos artistas que solicitan participar, como pola variedade das súas propostas. Un ano máis o Festiclown convírtese nunha plataforma única para o lanzamento de grupos e compañías con grande potencial artístico.

O Festiclown 2006 reforzará un dos aspectos característicos do Festival: o seu espíritu comprometido socialmente, ampliando a programación do apartado social con exposicións fotográficas, videoinstalación-clown permanente e charlas.

A recadación da venta de entradas para a Mostra Internacional, excepto para o espectáculo de Faemino y Cansado, irá destinado a un Fondoclown Solidario, a través do cal, como non podía ser doutra forma, o Festiclown Compostela 2006 tamén achegará a risa a outros lugares e pobos do mundo. A entidade de cooperación internacional a través da risa Pallasos en Rebeldía, creada en torno ao Festiclown e a súa compañía oficial, Os 7 Magníficos + 1, será a encargada de dar continuidade ao proxecto social posto en marcha polo Festiclown, de creación de unha Escola de Formación de Pallasos nas comunidades indíxenas zapatistas de Chiapas (México), cos obxectivos de promocionar o teatro como instrumento de expresión da cultura dos pobos indíxenas e qe se convirta nun apoio permanente para avanzar na construcción da súa autonomía e mellorar as súas condicións de vida.

Durante unha semana o Festiclown Compostela 2006 ofrecerá máis de cen pases de espectáculos polas rúas, prazas e teatros da capital de Galicia, convertíndoa nun referente mundial da risa, a improvisación e a solidariedade.

Estíbaliz Táboas (Festiclown 2006), 2006-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES