Notas de prensa

Os Oitentas, exposición antolóxica do pintor ourensá Virxilio

O Pintor ourensá levaba máis de dez anos sen expoñer en Santiago de Compostela.

Os Oitentas é o título que os comisarios da Exposición, o
psiquiatra pontevedrés Santiago Lamas e o catedrático de Literatura de Santiago, Luís Cochón, elixiron para esta ocasión, para esta mostra antolóxica que case roza o concepto de ‘homenaxe’ ó pintor ourensá Virxilio, e cuxa coordinación é de Daniel Fdez. Rey. O acto de inauguración celebrouse o 26 de xuño ás 19,30 da tarde no Claustro do I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago, e a el asistiron entre outras persoalidades, e ademais do propio pintor: Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia; Néstor Rego, concelleiro de Cultura de Santiago de
Compostela; Ubaldo Rueda, director do Instituto; os Comisarios da
Exposición –Lamas e Cochón- e Xosé Manuel Beiras, catedrático de
Estructura Económica, coñecedores estes da obra de Virxilio, como
participantes na organización desta Exposición na que latexa en cadaactuación a amizade, o afecto, o recoñecemento á obra, ó artista e ó home: VIRXILIO.

Esta Exposición conta coa colaboración da Dirección Xeral de
Difusión e Creación Cultural, da Consellería de Cultura e Deportes, a Secretaría Xeral de Comunicación a través do Club Internacional de Prensa, e co propio IES Rosalía de Castro, en cuxo Claustro ten lugar a mesma.

Coñecer a Virxilio

Virxilio Eduardo Fernández Cañedo, VIRXILIO, así coñecemos mellor a este pintor ourensá que suma xa oitenta primaveras, porque coa primavera naceu: o 21 de marzo do 1925.

Tentar falar do seu currículo, sería algo así coma querer coller a bola do mundo cunha man, e non só polo extenso da súa obra, senón pola inmensidade da súa persoa, da súa creatividade, do seu dominio das distintas técnicas e, cómo non…, da súa rica experiencia en distintos xéneros pictóricos. Porque VIRXILIO sabe o que é debuxar, pintar, e o que é afondar no mundo da cartelística, e mesmo –aló polos 60- na ilustración para publicidade.

De neno foi á escola de Artes e Oficios de Ourense con Luís Xesta, e máis logo, á casa deste, cando o botaron da escola por ser, simplemente por ser Republicano. Comezou a facer exposicións no 1954, Tres anos despois foi a París cunha pequena bolsa de estudos concedida pola Deputación ourensá, e ingresou na Escola Superior de Belas Artes. Ata o 1962, andou viaxando a París pasando alá longas estadías. Xa no 1974, marchou a Belín, e no 1983 a Colonia.

VIRXILIO ten manifestado nalgunha entrevista que “non teño porqué
xustificarme por estar cambiando de técnicas. Penso que en realidade, sempre se está pintando o mesmo cadro, e buscas os mellores camiños para conquerilo. Cos anos, caes na conta de que perdes unhas facultades, que son importantísimas para un artista, pero adequires certa mestría que che da o exercizo continuado ó longo do tempo. Se non podes acadar outras cousas, alomenos desfrutas dun traballo que che volvía tolo cando eras máis mozo”.

A VIRXILIO non lle trema a voz cando afirma que “Agora a pintura, a arte –e non por culpa dos artistas xoves, que non son cómplices, senón víctimas- é espectáculo, como moitas persoas e cousas da vida. A arte enlátase. Realízase o que mandan os galeristas, os críticos que escriben o que pagan eses galeristas e faise o que dicta a moda”.

O seu mestre foi Faílde. As cousas de Laxeiro influírono moito, pero a súa concepción do debuxo é a de Faílde, anque admirase a Prego. Defínese a sí mesmo coma un pintor ‘artesanal’, porque o que lle gosta é a artesanía, o traballo en si. O demais.. “é o que un vai adquirindo en coñecementos”. Visitou moito o monte. Pasouse nel de 8 da mañá a 8 da tarde seguido, debuxando a natureza, e de aí viñéronlle as cataratas profesionais. Deses tempos son uns debuxos que el ten en grande estima e ós que lle puxo un prezo moi alto. Para el, o debuxo pode ser dende a armazón dunha pintura, a ter valor por si mesmo.

VIRXILIO, alá no seu recuncho nos Chaos de Amoeiro en Ourense, segue enchendo cadernos e cadernos. Alí vive as alboradas, e despide as tardes, e vive as noites. Alí, acubíllanse realidades e soños, ensoños e debuxos, cadros e ledicias. E sobre todo, a grandeza deste artista ourensá, deste pintor que toda a súa vida, pintou todo aquilo que o atraía. O pintor para o que todo o que antes era secundario, agora é primario, como ben dixo Gunther Grass.

Esta Exposición, “OS OITENTAS”, leva moita obra nunca exposta de VIRXILIO ó Claustro do Instituto Rosalía de Castro de Santiago, na rúa San Clemente. Está aberta dende o 26 de xuño ó 26 de xullo.

É aconsellable non perdela. De seguro que tod@s, descubriremos en cada cadro algo de nós mesm@s.







Club Internacional de Prensa (Xunta de Galicia), 2006-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES