O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, referiuse á nova polÃtica educativa que está a levar a cabo o Goberno que preside, consciente de que é preciso investir en educación “se queremos apostar decididamente polo progreso, polo cambio e pola innovación”. Nesta liña, o titular do Goberno autonómico garantiu o seu compromiso electoral de incrementar nun 20% o orzamento dedicado á educación nesta lexislatura, lembrando que xa en 2006 “acadamos un crecemento do 9,1%”.
Durante a clausura do curso académico 2005-2005, no IES Otero Pedrayo de Ourense, Emilio Pérez Touriño salientou que o Goberno galego está a dar “os primeiros pasos para situar a polÃtica educativa en converxencia cos modelos educativos máis en vangarda”. Por iso, o “compromiso prioritario” da Xunta en materia educativa neste primeiro ano de Goberno situouse, segundo destacou Pérez Touriño, “na procura dun sistema de ensino público do máis alto nivel de calidade, comprometido co principio de igualdade de oportunidades, coas demandas sociais das familias, co incremento de servizos do ensino público e coa xeración de emprego de calidade”. Con esta finalidade a Xunta vén actuando sobre tres eixes “vitais”: o principio de igualdade de oportunidades no acceso á educación; a valoración social do feito educativo; e un novo papel do ensino público na sociedade do coñecemento.
Este esforzo investidor vai acompañado, segundo explicou Touriño, da obriga de garantir que todos os cidadáns se beneficien dunha educación de calidade, “que sente as bases dunha sociedade economicamente competitiva e socialmente xusta e equitativa”.
Mellora da convivencia escolar
De igual xeito, Pérez Touriño lembrou que a Xunta está a pór o acento nunha educación que compense as desigualdades e que fomente os valores como “a igualdade, a interculturalidade e a solidariedade”, en definitiva, “unha educación integral”. Neste sentido, sinalou que a ConsellerÃa de Educación está a traballar transversalmente no Plan integral de mellora da convivencia escolar de Galicia, como “resposta global, interdisciplinar e unitaria aos temas relacionados coa convivencia”. Un plan, adiantou, que estará totalmente implementado no curso 2006-2007.
Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén se referiu a algunhas das medidas postas en marcha polo departamento autonómico, en concordancia coa idea de que a educación é un dereito universal. Deste xeito, lembrou que os libros de texto de toda a educación primaria son gratuÃtos desde o presente curso (2005-2006), grazas a unha iniciativa do Goberno que preside á que se destinaron 13 millóns de euros, e que beneficiou a unhas 82.000 familias galegas e a máis de 120.000 escolares.
Pérez Touriño avanzou, ademais, que se seguirá avanzando ata completar todo o ensino obrigatorio, e que no vindeiro curso 2006-2007 a gratuidade se estenderá a 4º de ESO, que se repoñerán os libros de 1º e 2º de primaria e os de lingua galega en materias impartidas en galego.
O presidente da Xunta tamén se referiu á potenciación dada á Formación Profesional, con convenios destinados ás estadÃas formativas do profesorado en empresas, destinando preto de 150.000 euros, e dándolle un “especial pulo” ao desenvolvemento de prácticas formativas en centros de traballo para alumnado de Formación Profesional, un programa que contou cun investimento de 2.750.000 euros. Paralelamente, o Goberno galego apostou polos centros integrados de formación, a actualización do catálogo de titulacións de Formación Profesional ou a elaboración do II Plan Galego de Formación Profesional.
Apreciación social do profesorado e recoñecemento do papel da familia
A mellora dos centros educativos, o incremento da oferta de emprego público para funcionarios docentes (cun total de 686 novos postos) ou a dignificación salarial dos docentes foron outras das medidas impulsadas pola Xunta.
Ao tempo, o Goberno galego foi sensible co “papel que representa a familia como axente principal da comunidade educativa”, xa que, a xuÃzo de Touriño, “adquiriu un papel relevante ao longo deste primeiro ano”.
Como medidas impulsadas nesta liña, o presidente galego lembrou que ao longo desta lexislatura o 100% das rutas que precisen acompañante escolar contarán con el, e sinalou que en menos dun ano de Goberno xa se logrou implantar esta figura no 60% das rutas onde é necesaria, cun investimento de máis de 8 millóns de euros. Pérez Touriño adiantou que no primeiro trimestre do vindeiro curso 2006-2007, o acompañante escolar estará implantado en practicamente a totalidade das rutas, acadando arredor do 92-95% do previsto para toda a Lexislatura.
Ademais, salientou o investimento de máis de 1,5 millóns de euros para ampliar o servizo de comedor escolar nos centros que o precisaban, unha medida que, ao seu xuÃzo, vai reverter na conciliación da vida familiar e laboral das familias galegas.
Proceso de converxencia e adaptación ás vangardas educativas
Emilio Pérez Touriño tamén se referiu ao reto que asume o Goberno que preside para que o Sistema Universitario Galego se adapte ao Espazo Europeo de Educación Superior. De aà que xa se iniciase o traballo, en colaboración coas universidades, co obxecto de que “lideren a implantación da sociedade do coñecemento en Galicia”.
“As nosas universidades –sinalou Touriño- son o principal actor cientÃfico-tecnolóxico do noso paÃs” por iso, engadiu, “vimos de convocar as axudas do Programa de Consolidación e Estruturación da Unidades de Investigación Competitivas, en réxime de concorrencia, cunha dotación de preto de 4 millóns de euros”.
De igual xeito, no exercicio 2006, o Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego incrementouse substancialmente, un 10,59%, o que supuxo un total de preto de 300 millóns de euros.
Paralelamente, o programa autonómico de bolsas para o alumnado e profesorado universitario foi dotado con 3 millóns e medio de euros (un 48% de aumento respecto ao ano pasado). Ademais tamén se aprobaron e puxeron en marcha os primeiros programas oficiais de posgrao e as universidades galegas traballaron en conxunto para a aprobación de 22 tÃtulos oficiais de mestrado (programa ao que o Goberno galego comprometeu un investimento de 240.000 euros).
Aprendizaxe das linguas e fomento das tecnoloxÃas
Por último, o presidente da Xunta lembrou que desde a administración autonómica se aposta pola aprendizaxe das linguas, co obxectivo de que “os alumnos e alumnas que acaben a ESO dominen, polo menos, unha lingua estranxeira” e polo fomento do uso das tecnoloxÃas da información e comunicación.
Nesta liña asegurou que este verán 300 alumnos da ESO e do Bacharelato disfrutarán dunha estadÃa formativa en Inglaterra, Irlanda ou Francia para mellorar as súas competencias lingüÃsticas de inglés e francés. Estas axudas acadan preto dos 2.000 euros por alumnos e supoñen un investimento total por parte do Goberno galego de máis de 750.000 euros.
Parello ás linguas estranxeiras, estase a traballar na aplicación plena do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e na implantación gradual do ensino galego en centros de educación infantil. A este respecto, Touriño anunciou que no vindeiro curso 2006-2007 se iniciará o programa en 10 centros, que deberán ter como mÃnimo outra unidade de educación infantil.
No campo do uso das novas tecnoloxÃas, Pérez Touriño lembrou a convocatoria de axudas por un importe de 3 millóns de euros para a compra de ordenadores, que permitiu que os alumnos con menos recursos recibisen unha axuda de 300 euros para a adquisición dun ordenador.
Agradecemento
O presidente da Xunta non quixo rematar a súa intervención sen agradecer o “alto nivel de colaboración e implicación” demostrado por todos os axentes da comunidade educativa ao longo destes primeiros meses de andadura das novas polÃticas educativas, e animounos a traballar xuntos e a “redobrar esforzos” para afondar coa educación nos “dereitos civÃs, na igualdade de oportunidades, e para apurar as posibilidades de transformación que a propia sociedade entraña”.
Pola súa banda, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, tamén presente no acto, fixo un balance do curso rematado e incidiu en que foi un ano académico cheo de novidades no eido educativo que supón o comezo dunha serie de cambios introducidos por este Goberno; pola aplicación da Lei Orgánica de Educación; e pola converxencia con Europa en materia de educación e formación para o ano 2010.
Laura Sánchez Piñón referiuse, especialmente á LOE, destacando os tres principios básicos: isto é, unha educación de calidade, a necesidade de participación e colaboración de toda a comunidade educativa e un compromiso cos obxectivos educativos da Unión Europea.
No acto de clausura do curso académico 2005-2006 no IES Otero Pedrayo de Ourense, Emilio Pérez Touriño tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IES Otero Pedrayo e de inaugurar o un novo edificio do centro. Pérez Touriño tamén compartiu o peche do curso escolar cos alumnos deste centro ourensán.