Notas de prensa

A Fundación Galicia Emigración aproveitará o gran encontro de galegos en Barcelona para promover a rede de novos emprendedores galegos no exterior

Esta entidade, no marco do evento que se celebra en Cataluña, desenvolve accións formativas sobre autoemprego e emprendeduría.

A Fundación Galicia Emigración aproveita o Gran Encontro de Galegos en Barcelona para desenvolver accións informativas e formativas en favor da Rede de Novos Emprendedores Galegos que se vén impulsando dende esta entidade. Asemade, impulsaranse as accións de acceso ao autoemprego da poboación emigrante retornada, inmigrante e das comunidades galegas no exterior con perfil emprendedor. As diferentes reunións de traballo que se manterán no marco do Gran Encontro abordarán os programas a desenvolver dende Galicia de cara a creación e consolidación de novas empresas que se acometerán no presente ano.

No curso deste verán, de feito, a Fundación Galicia Emigración vai comezar accións encamiñadas á a formación de 80 persoas na area do autoemprego, en países de Latinoamérica, desenvolvéndose primeiro os programas na cidade de Montevideo (Uruguai) e posteriormente Caracas (Venezuela), para logo continuar coas accións en Europa, basicamente en Alemaña e Suíza.

No momento actual, as actividades dirixidas á formación de emprendedores permitiu que dos cen alumnos que participaron no programa de codesenvolvemento, un 22% creara as súas propias empresas e o 35% teña previsto poñer en funcionamento as súas iniciativas empresariais no medio prazo.

A Fundación dará a coñecer, asemade, as características do Programa Equal Convive + , que entre 2006 e 2007 beneficiará a 700 persoas, das cales un total de 200 participarán nos Itinerarios de Creación e Consolidación de Empresas. Calcúlase a constitución de 40 novas empresas neste período.

Noutro eido, a entidade Galicia Emigración dará a coñecer as accións que ven realizando na área do asesoramento a emigrantes retornados e inmigrantes emprendedores que desexan información sobre o proceso de creación ou consolidación dunha empresa en Galicia. No ano 2005 más de 140 persoas foron usurarias deste servizo, onde máis do 45% eran mulleres. Para a mellora continúa de todos estes programas lévase a cabo un seguimento e análise de seguimento do impacto de cada unha das accións desenvolvidas.

Un convenio de referencia

Coa finalidade, por outra parte, de apoiar a posta en marcha dos proxectos dos emprendedores, a Fundación habilita liñas de financiamento que facilitan a implementación dos proxectos dos programas de formación empresarial.

As políticas dirixidas á emprendeduría e ao asesoramento para a creación de empresas das que a Fundación dará conta en Barcelona complétanse coa posta en valor dun convenio asinado coa Universidade de Santiago de Compostela. Este abordará, entre a súas liñas de actuación, a organización e execución de actividades de formación e outras actividades relacionadas coa emprendeduría, a creación de empresas, a xestión empresarial e o desenvolvemento tecnolóxico; o asesoramento a emprendedores, a detección de ideas de negocio con potencial comercial e a incubación e financiamento dos proxectos empresariais; a posta a disposición por ambas entidades dos seus profesores ou técnicos para a execución das accións derivadas do presente protocolo de colaboración; e cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente protocolo de colaboración.

A partir deste convenio a Fundación establecerá acordos de colaboración coas universidades iberoamericanas para impulsar proxectos de empresa liderados por descendentes de galegos en áreas de investigación e novas tecnoloxías. Estas iniciativas estarán conectadas coa Rede de Novos Emprendedores Galegos no Exterior que se está a impulsar dende a Fundación.

Gabinete de Comunicación da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia, 2006-06-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES