
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea na capela do Centro Cultural Torrente Ballester A cabana de Babaiagá, espectáculo de música e narración oral dirixido ao público infantil que dirixe Paula Carballeira. Esta produción, que se insire na programación da nova etapa aberta na compañÃa pública, ofrece ante os escolares da comarca de Ferrolterra 8 funcións (dúas cada dÃa, ás 10:00 e ás 12:00 horas) para continuar até o mes de maio cunha xira por distintas localidades que conta xa con 56 representacións pechadas.
A producción foi presentada nun acto que presidÃu na Casa do Concello de Ferrol o alcalde Juan Juncal, e no que participaron LuÃs Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da ConsellerÃa de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; José Manuel Couce Fraguela, concelleiro de Cultura; Ãnxeles Cuña, directora do CDG; e Paula Carballeira.
A cabana de Babaigá dirÃxese especialmente ás nenas e nenos de entre 6 e 11 anos, aos que se lle presenta un espectáculo no que a historia de dous personaxes, a rapaza Natasha e a bruxa Babaiagá –os dous encarnados por Paula Carballeira-, discorre en paralelo á interpretación en directo dunha selección de pezas musicais de compositores do leste europeo que realizan Alfredo Gómez (clarinete), Alexandre Lugo (viola), Yuri Sdar (baixo acústico), Manolo Vázquez (frautas, gaita, xilófono, percusión) e Vadzim Yujnevich (baian).
Campaña pedagóxica en tres fases
O CDG persegue con esta produción a captación de público infantil para os espectaculos teatrais, para o que planificou unha campaña pedagóxica dividida en tres fases. Na primeira os nenos presenciarán a montaxe sobre a que despois poderán incidir nas aulas coa axuda da unidade didáctica especÃfica, por medio da que tamén se fará fincapé nos contidos educacionais transversais que contén o texto. Nunha segunda fase serán os cativos os que contarán as súas propias historias, tanto de creación persoal como recollidas da tradición do seu entorno xeográfico ou afectivo. Na última fase, cos contos recompilados farase unha selección que será publicada e voltará de novo aos colexios como material pedagóxico.
A cabana de Babaiagá fálanos doutras terras, doutros costumes e de como a valentÃa e a loita por rachar lÃmites e por se introducir no terreo do descoñecido ten a súa recompensa nunha aprendizaxe que permite coñecermos un pouco máis. O misterio, o humor e a aventura son algúns dos atractivos deste conto, potenciados pola música en directo que recrea unha atmosfera evocadora que intenta levar aos espectadores até a estepa rusa mediante a imaxinación e o poder suxestivo das palabras e das melodÃas.
O CDG compatibiliza a produción e distribución de A cabana de Babaiagá coas de Illa Reunión, a outra obra que mantén en cartel, estreada o pasado venres dÃa 3 en Santiago de Compostela baixo a dirección de Ana Vallés. Os dous proxectos, que forman parte do ciclo “Mes Violeta” da ConsellerÃa de Cultura e Deporte, realizarán nos próximos meses distintas representacións por toda Galicia. AsÃ, A cabana de Babaiagá estará en Ribadeo (do 14 ao 17 de marzo), Monforte de Lemos (28 e 29 de marzo), Santiago (do 5 ao 30 de abril), Oleiros (do 2 ao 5 de maio) e Viveiro (do 9 ao 12 de maio). Illa Reunión poderá verse en Santiago ata o 2 de abril e en Narón (7 e 8 de abril), Vigo (5 e 6 de maio), Ourense (12 e 13 de maio), Ribadeo (26 de maio) e Ferrol (2 e 3 de xuño).
A cabana de Babaigá
"Sempre houbo, hai e haberá bruxas. A nosa bruxa chámase Babaiagá porque vén da tradición eslava, das frÃas terras rusas. A nosa bruxa vive nunha cabana coas patas de galiña, ten os dentes de ferro e as unllas de aceiro. E alá onde houbo, hai e haberá unha bruxa, tamén houbo, hai e haberá alguén que pete na porta da súa cabana e que lle diga: “Non che teño medo”. Por iso a nosa historia non fala de bruxas, fala de medos.
Os nosos medos poucas veces teñen corpo, son tan vellos como vella é a humanidade. O medo á morte, ao descoñecido, ao que se agocha na escuridade ou entre as pólas das árbores, o medo a medrar, parten do temor a deixar de ser o que somos, a que algo ou alguén nos empurre a mirarnos nun espello e que non nos guste o que vexamos.
Desde sempre, os contos tradicionais amosan unha maneira de entender o mundo. Están ligados a unha cultura, a un xeito de afrontar a vida. O mesmo pode dicirse da música, das composición de autores como Mussorgsky, Rimsky-Korsakov, Rachmaninov, Tchaikovsky, Shostacovich, Grechaninoff ou Luov-Companeets. Nas súa pezas descubrimos o ambiente popular, como na Canción napolitana de Tchaikovsky, os costumes, como nas Matrioskas de Luov-Companeets, e, por suposto, a mitoloxÃa, como na Cabana das patas de galiña de Mussorgsky. Todos eles evocan uns espazos, uns personaxes, unhas accións coas que podemos imaxinar unha historia, un conto novo e vello á vez.
Presentamos A cabana de Babaiagá, un proxecto no que a música e a narración oral convidan a saÃr da nosa vida cotiá, da nosa seguridade, e viaxar na procura do perigo, da aventura, da cabana da bruxa Babaiagá, a través das palabra e das pezas dos máis prestixiosos compositores rusos dos séculos XIX e XX. Quen se arrisque a viaxar connosco coñecerá a historia da meniña Natasha e, se cadra, medrará con ela.
Pretendemos que a súa historia sexa a nosa, aÃnda que veña de Rusia, e que nos demostre que os medos e as inquedanzas non teñen fronteiras.
Porque poida que acabemos coa bruxa, pero o conto nunca estará rematado."
Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolÃdase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do paÃs, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a ConsellerÃa oferta diversas modalidades.