A Plataforma de Afectados polas Liñas de Alta Tensión de Oseiro mantivo en pasadas datas contactos coa Consellería de Industria durante os que foron informados da disposición da Xunta a manter o compromiso de traslado do tendido eléctrico. Se ben o prazo inicial do convenio firmado xa rematou, foi aprazado ó non ter conseguido o Concello de Arteixo os terrenos necesarios por onde discorre o novo tendido.
A falta de compromiso do goberno popular arteixán é criticado polos veciños afectados que creen que detrás desta demora atópanse fortes intereses urbanísticos.
Aínda que xa se chegou a acordos cos pequenos propietarios , os atrancos aparecen na negociación cos donos das extensións máis grandes , que esixen permutas ou recalificacións destes terreos forestais por outros edificables .Para elo sería preciso agardar á aprobación das novas normas urbanísticas , algo que parece lonxano.
Os veciños apuntan que o grupo de governo prefire favorecer a estes terratenentes ca preocuparse pola saúde dos veciños, xa que de querer conseguir os terrenos pódese acudir á expropiación ou a unha modificación puntual da actual normativa urbanística tal e como se fixo para executar as obras do paseo fluvial ou o trazado de beirarúas.
Os compoñenetes da Plataforma de Afectados acuden ó concurso de antroido convocado polo Concello para recordarlle ó goberno arteixán que siguen agardando polos terrenos, ó ser éste o único motivo de que as obras do traslado non estean xa rematadas.
De maneira humorística , os veciños representarán e darán a coñecer quenes son os propietarios ós que se quere favorecer desde o goberno que preside Manuel Pose Miñones e a actitude que mantén o mandatario cara ós veciños, ós que non aporta información nin recibe desde hai anos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.