Notas de prensa

Entrega de premios do II Certame de Pintura Concello de Brión: Novos Valores 2005

O venres 17 de febreiro celebrouse no Hotel Balneario de Compostela, no lugar de O Tremo-Os Ánxeles (Brión), o acto de entrega de premios correspondentes ao II Certame de Pintura Concello de Brión, “Novos Valores 2005”, organizado polo concello coruñés co patrocinio da Fundación Feiraco, ao que se presentaron un número considerable de artistas novos de entre 14 e 30 anos de toda Galicia.

A velada comezou ás 20:30 horas, cunha notable asistencia de público que practicamente encheu o salón onde se celebrou o acto, cedido amablemente polo Hotel-Balneario. A ocasión serviu tamén para inaugurar a exposición que baixo o título de “Novos Valores 2005” na cal se recolle a totalidade das obras que concursaron no certame, e que vai estar aberta ao público ata o día 31 de marzo nas instalacións do mencionado hotel.

Tras unha presentación, deuse lectura á acta do xurado, que estivo composto polo alcalde D. Xosé Luís García García; o deseñador de cerámica de Sargadelos, D. Xosé Vizoso Fernández; o escritor D. Daniel Buján Núñez; o presidente da Asociación de Artistas Plásticos Galegos, D. Xosé Vázquez Castro; o pintor D. Luís Romero; e mailo técnico de cultura de Brión, D. Alberto Álvarez Escudero.

Foron catro os mozos e mozas de distintos lugares da nosa Comunidade, que co seu talento convenceron ao xurado. A relación de premiados, foi a seguinte:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1º Premio, dotado con 600 € e diploma acreditativo: Laura Camazón Lourido, de Ferrol.

2º Premio, dotado con 400 € e diploma acreditativo: Carlos Rubio Morena, de A Coruña.

Categoría B (de 20 a 30 anos):

1º Premio, dotado de 600 € e diploma: Elena Sánchez Briz, de A Coruña.

2º Premio, consistente en 400 € e diploma acreditativo: Lucas Ricoy Castro, de Brión.

NotaO alcalde do concello, D. Xosé Luís García García salientou a importancia de promover aos xoves valores da nosa pintura, agradecéndolles a tódolos artistas a súa participación. Tamén transmitiu os seus parabéns ás mozas e mozos premiados. Pola súa banda, o Concelleiro de Cultura, José Pedro Cambón deu as grazas ao presidente da Fundación Feiraco, D. Jesús García Calvo, pola colaboración desta institución, que fixo posible co seu patrocinio a convocatoria dun certame que, con toda seguridade, ten garantida a súa continuidade dada a magnifica acollida das dúas primeiras edicións.

O acto rematou cun animado cóctel no que participaron todos os asistentes, e que deu pé para inaugurar a exposición “Novos Valores 2005”, que recolle unha mostra de todas as obras presentadas a concurso, e que vai estar aberta ao público dende o 17 de febreiro ó 31 de marzo no Hotel Balneario de Compostela, no lugar de O Tremo-Os Ánxeles (Brión).

Alberto Álvarez Escudero (Técnico de Cultura do Concello de Brión), 2006-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES