A ConsellerÃa de Traballo consegue incrementar a aportación do Estado ao Plan Integral de Emprego de Galicia en 14 millóns de euros no perÃodo 2006-2009
* Asà a dotación do Plan, cofinanciado a partes iguais polo Ministerio e a Xunta de Galicia, ascende a 192 millóns de euros nos catro anos de vixencia
* O compromiso do Ministerio aparece reflexado na Disposición Adicional Decimosétima da Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2006, publicada hoxe no BoletÃn Oficial do Estado
* O obxectivo deste primeiro Plan Integral de Emprego é favorecer a xeración de emprego nos sectores menos desenvolvidos, especialmente no rural, e promover a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo
A publicación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2006 confirma a boa nova para a Comunidade Autónoma de Galicia do incremento de 14 millóns de euros (máis de 2.300 millóns da antigas pesetas), na aportación do Ministerio de Traballo ao 1º Plan Integral de Emprego para Galicia, co que o orzamento total que figura con cargo ao Estado é de 24 millóns por cada unha das anualidades, un total 96 millóns no cuadrienio (uns 16.000 millóns das antigas pesetas).
Este incremento prodúcese como consecuencia da aceptación da emenda formulada polo PSOE, a iniciativa dos socialistas galegos, na tramitación parlamentaria do proxecto de Lei de Orzamentos do Estado.
A estas cantidades, aportadas polo Estado haberá que engadir a conseguinte cofinanciación por parte da Comunidade Autónoma, co que o orzamento total previsto para este Plan será de 192 millóns de euros (case 32.000 millóns das antigas pesetas) no conxunto do perÃodo.
Este Plan desenvolverase durante o perÃodo 2006-2009 e terá como finalidade, dunha banda favorecer a xeración de emprego nos sectores económicos menos desenvolvidos con especial atención ás zonas rurais e, por outra, promover a inserción laboral dos desempregados mediante a creación de itinerarios de inserción, impulsando a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades como mulleres, mozos desempregados menores de vintecinco anos e parados de longa duración; apoiando a reincorporación á vida laboral de persoas que abandonaron o mercado de traballo; apoiando a inserción no mercado laboral de persoas discapacitadas e inmigrantes.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Traballo da Xunta de Galicia, 2005-12-30
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.