O presidente da Xunta apostará na súa mensaxe de Fin de Ano pola Galicia da unión e a cooperación
* A Televisión de Galicia emite a mensaxe o sábado 31 de decembro ás 21:30h.
* Touriño asume como propia a mensaxe dos mozos no 25 aniversario do Parlamento a favor da igualdade de oportunidades
* Ten unha lembranza especial cos galegos que non poden estar na súa terra nestas datas tan sinaladas

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, apostará na súa mensaxe institucional de fin de ano pola Galicia da unión e da cooperación, por unha Galicia na que todos os galegos estean embarcados e traballen no mesmo proxecto colectivo.
Pérez Touriño centrará a súa mensaxe institucional en facer un balance do ano que remata e expoñer os seus desexos e obxectivos para o ano que comeza. O presidente da Xunta definirá a Galicia coa que soña, unha Galicia moderna e tolerante, orgullosa da súa paisaxe, da súa cultura e da súa lingua e convidará a todos os galegos a traballar xuntos para conseguila.
Touriño, que pronuncia por primeira vez esta tradicional mensaxe de fin de ano, animará a todos os galegos a traballar por unha Galicia solidaria e próspera.
Comprometerase con estender a todos os galegos as oportunidades de progreso e benestar, facendo súa a mensaxe transmitida por un grupo de mozos de 25 anos no aniversario do Parlamento que demandaron a erradicación da desigualdade de oportunidades.
O mandatario galego asumirá o compromiso de traballar por unha Galicia chea de oportunidades para todos, para os mozos, as mulleres e os maiores, unha Galicia de oportunidades de traballo estable e de calidade. “Máis oportunidades para todos sexa cal sexa a súa posición económica ou a súa procedencia xeográfica”.
Lembranza aos que non están
O presidente da Xunta dedicará parte do seu discurso a lembrar a todos os galegos que por diversas causas están ausentes da súa terra nestas datas tan sinaladas. Touriño saudará de forma especial aos emigrantes galegos que residen fóra da nosa terra e agradeceralles o seu xeneroso esforzo e contribución ao progreso de Galicia.
A mensaxe do Presidente emÃtese o sábado 31 de decembro ás 21:30h pola Televisión de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-12-30
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.