Notas de prensa

O presidente da Xunta transmite aos alcaldes a vocación do Goberno galego de resolver con transparencia o conflicto das infraestruturas rurais

* Reuniuse en Monte Pío con catro representantes dos alcaldes do PP afectados pola paralización de obras no medio rural * Transmítelles que o novo plan se fará con vocación de incorporar o máximo posible de obras de acordo a criterios de transparencia e ás dispoñibilidades orzamentarias

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño transmitiulles aos alcaldes a vocación da Xunta de Galicia de resolver con transparencia á problemática xurdida pola paralización de obras do anterior goberno, no medio rural. Pérez Touriño lembroulles que “a suspensión de obras afecta con carácter horizontal a todos os concellos de Galicia” independentemente da cor política que teñan. “É importante que todo o mundo teña claro que non estamos actuando con ningún criterio partidario, ou sesgado, senón todo o contrario” sinalou.

O mandatario galego explicoulles que a Xunta tomou esta determinación por motivos de saneamento, eficacia, e de xestión política e administrativa. Transmitiulles que se poñerá en marcha un novo plan que nacerá coa vocación impulsar as máximas actuacións posibles de acordo aos novos criterios e ás capacidades orzamentarias. Touriño explicoulles que se dará conta do plan ao Parlamento e á propia Fegamp.

Touriño que se reuniu coas alcaldesas de Melide e Cartelle e cos alcaldes de Cambados e de Antas de Ulla, amosouse convencido de que unha porcentaxe moi alta das actuacións poderán ser incorporadas sempre que se axusten a criterios transparentes e horizontais.

O presidente da Xunta reiteroulles que haberá obras que non poderán ser realizadas e lembroulles que de feito a propia Fegamp entendía que existían obras que non tiñan que ver coa actuación de medio rural, como por exemplo piscinas e tanatorios.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES