O IGC levará a cabo unha campaña de inspección para velar pola correcta tarificación nos aparcamentos
* O Instituto Galego de Consumo comprobará que os aparcamentos eliminaron o cobro por fracción de hora ou media hora, considerado abusivo pola Audiencia Provincial de Madrid
* Realizará con carácter previo un mailing informativo dirixido a empresarios do sector e concellos
O Instituto Galego de Consumo (IGC) levará a cabo unha inspección dos aparcamentos galegos para comprobar que están a tarificar axeitadamente os seus servizos eliminando o cobro por fracción de hora ou media hora, considerado abusivo pola Audiencia Provincial de Madrid. O IGC realizará con carácter previo un mailing, dirixido tanto ao sector empresarial como aos concellos, co que se lles instará a eliminar a citada cláusula abusiva das condicións xerais que rexen os aparcamentos.
A Audiencia Provincial de Madrid confirmou o pasado 8 de setembro unha sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 46 de Madrid relativa ás cláusulas dos aparcamentos denominadas “ou fracción”. A citada sentenza responde a unha demanda presentada polo Instituto Nacional de Consumo no seu exercicio da acción de cesación contra a utilización de cláusulas abusivas que lesionan os intereses dos consumidores e usuarios. En concreto, advertÃase sobre a fixación do prezo da estancia en aparcamentos públicos por fracción, de modo que se estaba a cobrar por unha hora (ou media hora) completa aÃnda que o vehÃculo non permanecera estacionado dito perÃodo de tempo completo.
Estes pronunciamentos xudiciais indican que os aparcamentos demandados deberán eliminar das súas condicións xerais a cláusula en cuestión e cesar na súa utilización ao ser considerada como abusiva. O IGC subliña que a Audiencia Provincial de Madrid considera que a cláusula que impón o cobro por fracción constitúe unha condición xeral de contratación, incorporada a un contrato de adhesión, para o que non cabe a negociación individual determinando que “non se axusta á boa fe a cláusula litixiosa, pois non pode afirmarse que sexa un comportamento obxectivo e leal, nin xusto, axeitado e proporcionado ao interese común das partes, a imposición ao contratante débil, ademais do pagamento pola cesión efectiva da praza de aparcamento, dunha cantidade adicional ata completar ficticiamente a unidade de medida do tempo que determina o prezo”.
A Lei 26/1984 para a defensa dos consumidores e usuarios considera como infracción a introdución de cláusulas abusivas nos contratos polo que unha vez considerado o carácter abusivo da cláusula “ou fracción”, o IGC decidiu levar a cabo esta campaña de inspección dos aparcamentos para comprobar a adecuación dos seus sistemas de tarificación.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2005-12-28
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.