A ConsellerÃa de EconomÃa e a Universidade da Coruña asinan un convenio para a organización do Máster en Administración Financeira e Tributaria
O conselleiro de EconomÃa e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e o Reitor da Universidade de A Coruña (UDC), José MarÃa Barja Pérez, asinaron un convenio de colaboración para a celebración do Máster en Administración Financeira e Tributaria.
Segundo se recolle no convenio, a subscrición do mesmo obedece á vontade de apoio por parte da ConsellerÃa de EconomÃa e Facenda de todas aquelas iniciativas que signifiquen estudo, información e coñecemento sobre materias económicas e financeiras propias da súa competencia. Pola súa parte, a Universidade da Coruña ten entre os seus obxectivos contribuÃr a unha maior especialización e afondar nos coñecementos fiscais e financeiros a través de cursos, másters e seminarios.
O conselleiro de EconomÃa salientou no acto da sinatura a importancia da formación e a especialización para un axeitado aproveitamento do capital humano da sociedade galega. Fernández Antonio lembrou o pulo recibido polas partidas de Educación nos orzamentos galegos para o próximo ano, á vez que sinalou que a nova estratexia de crecemento económico impulsada pola Xunta de Galicia ten na formación, na investigación e na colaboración coas universidades e empresas algún dos factores chave do novo modelo. Para o conselleiro, iniciativas de apoio como a materializada con este convenio son unha mostra máis do interese do Goberno galego pola reorientación das prioridades da polÃtica económica cara aos factores que definen as sociedades avanzadas.
Especialización
O Máster obxecto do convenio asinado impartirase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UDC baixo a dirección do catedrático de Facenda Pública, Juan Fernández CaÃnzos No programa do mesmo inclúense materias relativas o sistema tributario español; á fiscalidade internacional; á fiscalidade de productos financeiros; e a contabilidade financeira, de sociedades e analÃtica. Ademais, engádese un apartado adicado á fiscalidade do comercio electrónico.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de EconomÃa e Facenda da Xunta de Galicia, 2005-12-23
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.