ConfÃrmase a liberación de Xosé Ramón Cendán en Hong Kong
O membro das executivas do Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Coordinadora Labrega Europea (CPE), Xosé Ramón Cendán, confirmou vÃa telefónica a súa liberación.

Cendán fora detido en Hong Kong polas autoridades chinesas o serán do sábado 17 de decembro(hora española), por participar nas protestas contra o VI Cumio Interministerial da OMC. Cendán retornará a Galiza nas vindeiras horas (neste intre, está pendente de confirmar o voo de regreso).
O SLG amosa a súa satisfacción polas liberación de Cendán e das outras persoas detidas, agradece publicamente a solidariedade achegada por diversas persoas e organizacións; amais das xestións feitas para a súa liberación por parte do deputado do BNG no Congreso, Francisco RodrÃguez; da ConsellarÃa de Medio Rural; da Delegación do Goberno en Galiza; da ConsellarÃa de Presidencia; e o consulado español en Hong Kong.
Perfil biográfico de Xosé Ramón Cendán
• Naceu en AbadÃn (Lugo) o 2 de marzo de 1958.
• En 1977 inicia a súa colaboración co Sindicato Labrego Galego.
• En 1980 comeza a traballar a tempo completo para o Sindicato Labrego Galego. Dende aquela, ocupou diversas responsabilidades na organización do sindicato, sempre combinadas co traballo de base. Foi responsábel de comunicación, de acción sindical e de relacións internacionais.
• Foi un dos primeiros membros da Plataforma do Leite.
• Durante dous anos ocupou o cargo de Presidente do Laboratorio Interprofesional Galego de Investigacións Lácteas (Ligal); tamén foi vicepresidente deste organismo durante catro anos e, actualmente, é vocal.
• Dende o ano 2001 forma parte da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE), entidade que agrupa a 23 organizacións agrarias de Europa.
• É o representante da CPE no Comité Consultivo de Desenvolvemento Rural da Unión Europea.
• Actualmente, coordina as relacións internacionais do Sindicato Labrego Galego
Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG), 2005-12-19
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.