Notas de prensa

Galicia ostentará a representación das comunidades autónomas de España no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea

* A comunidade galega asumirá, tras a cesión feita polo presidente da Castela-León, a representación dos intereses de Galicia e do resto das autonomías na reunión de ministros da UE que se celebrará os próximos días 20, 21 e 22 de decembro * O presidente da Xunta sinalou a importancia da presenza galega nunha reunión onde se distribuirán as cuotas para as flotas pesqueiras * Califica de “avance” a proposta británica sobre os fondos europeos, pero “insuficiente” pola contía que dela se deriva * Emilio Pérez Touriño anunciou que, no primeiro Consello da Xunta do mes de xaneiro, aprobarase o novo decreto que regulará a bolsa de aluguer

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou, tras a reunión semanal do Goberno galego, que Galicia ostentará, a través da conselleira de Pesca, a representación de España por todas as comunidades autónomas na xuntanza do Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea, que se celebrará os próximos días 20, 21 e 22 de decembro. Pérez Touriño explicou que, nesta ocasión, a representación, que está plantexada de modo que cada semestre a ocupe unha comunidade, lle correspondía a Castela-León, pero, indicou, que tras a correspondente xestión política, Castela cedeu a súa representación, de xeito que Galicia “asumirá e defenderᔠos intereses da “nosa propia flota pesqueira”. Salientou a “boa vontade” do presidente de Castela-León, Juan Vicente Herrera, ao que se dirixirá por escrito para “agradecerlle persoalmente” este xesto.

O titular da Xunta sinalou que se trata dun Consello de Ministros “extraordinariamente relevante” para Galicia, posto que se vai definir a asignación das cuotas pesqueiras para o próximo período. Neste sentido, subliñou que hai unha perspectiva “razoablemente positiva” para a flota galega, segundo as informacións que obtivo no último viaxe Bruselas sobre os traballos que está a realizar o propio Ministerio de Pesca.

Lembrou que ata o de agora a presenza das comunidades autónomas nestas reunións era un “feito excepcional”, que se ven dando “con normalidade” desde que o Goberno socialista arbitrou esta nova situación.

Impulsar o aluguer

O máximo mandatario da Xunta anunciou que, no primeiro Consello da Xunta do mes de xaneiro, a Xunta aprobará un novo decreto para impulsar as políticas de aluguer e as bolsas destinadas a este fin en Galicia.

Segundo indicou o presidente do Goberno galego, o novo decreto será elaborado co “máximo rigor e transparencia”. Informou ademais que o día 22 darase a coñecer un informe exhaustivo feito por un grupo de traballo conxunto entre a Consellería de Vivenda e a de Economía e Facenda sobre a situación da bolsa de aluguer. Este análise servirá de base para a elaboración do decreto.

Pérez Touriño asegurou que, en todo caso, “garantiranse” as prestacións aos actuais perceptores, sempre respectando as garantías xurídicas. Sinalou que se trata dun acordo baixo unha perspectiva completa, xa que porá en marcha, no mes de xaneiro, medidas de impulso do alquiler, finaliza o actual sistema, a través do decreto que se aprobará en xaneiro, e fixa a comparecencia da conselleira de Vivenda para o próximo pleno do Parlamento para dar conta das dúas cuestións.

Indicou que o informe axudará a clarificar o actual sistema sobre o que “existe unha certa alarma” sobor de cómo se ten xestionado e os intereses que se “puideron entretecer” baixo o método en vigor, xa que era xestionado a través de asistencias técnicas externas á propia Xunta.

Contas da UE

O presidente do Executivo galego valorou de “avance insuficiente” a nova proposta británica en relación aos fondos europeos. Dixo que é avance “na medida en que” supón un progreso sobre a primeira oferta porque implica ampliar ata o ano 2013 os Fondos de Cohesión a España, pero “é insuficiente” porque a “contía debe ser mellorada e aí Galicia ten un interese especial”. Touriño amosouse optimista ante a posibilidade de acadar un “bo acordo”, mellorando a posición ofrecida ata o de agora polo Reino Unido.

Modernización da administración

O presidente da Xunta abordou tamén o informe elaborado pola Consellería de Presidencia para implantar a sinatura electrónica para os altos cargos da Xunta “con carácter inmediato”. Cualificou esta medida como “un primeiro instrumento” de modernización e de avance cara a administración electrónica e telemática.

Na primeira fase, que terá lugar durante este mes, ofrecerase a conselleiros, secretarios xerais e directores xerais e delegados provinciais. Deste xeito, nunha primeira fase, todo esquema de persoal directivo da Xunta poderá utilizar este dispositivo portátil.

Renfe e peaxes

Emilio Pérez Touriño salientou os acordos levados ao Consello pola Consellería de Política Territorial para financiar os servizos deficitarios de Renfe, eido no que se estuda un novo convenio de cara ao próximo exercicio. Leváronse tamén os acordo para manter as bonificacións das peaxes de Rande e da Barcala para os usuarios do bono-peaxe. Neste epígrafe indicou que falta a contribución paralela das deputacións correspondentes, “que espero se formule de xeito inmediato, afirmou”.

Ademais, a Consellería de Política Territorial acordou hoxe a dotación económica para o Auditorio de Vigo, unha contía que se suma á do ano pasado, que segundo explicou o presidente da Xunta, non se puido executar por problemas “non atribuíbles á Administración autonómica”, polo que para o ano que vén, desde a Xunta póñense case oito millóns de euros a disposición das obras do auditorio na cidade de Vigo, que contarán cun total de máis de 18 millóns de euros repartidos en tres anualidades ata o ano 2008.

Tecnoloxías no ensino

O máximo mandatario do Goberno galego subliñou o acordo entre o a Consellería de Educación e o Goberno central polo que se dotará con sete millóns de euros o programa para implantar as TIC,s no ensino. O obxectivo é mellorar a calidade do sistema de ensino, fomentando a introducción da sociedade da información no ámbito educativo con medidas, entre outras, como a formación do profesorado, iniciativas coas familias, a posta en marcha de telecentros e a disposición das familias.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES