Emigración e Cruz Vermella colaborarán no desenvolvemento de accións de sensibilización social a prol da inmigración
* A SecretarÃa Xeral achegará un total de 300.000 euros a posta en marcha destas accións
O Consello da Xunta de Galicia autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade Cruz Vermella para o desenvolvemento de accións de sensibilización social a prol dos colectivos inmigrantes. Para este cometido, a Xunta achegará, a través da SecretarÃa Xeral de Emigración, un total de 299.999 euros.
A SecretarÃa Xeral de Emigración é o organismo encargado da execución das polÃticas autonómicas en materia de inmigración e retorno á Comunidade Autónoma. Ao tempo, encárgase de determinar as bases e criterios da polÃtica de integración social e laboral dos inmigrantes, promovendo a participación e a colaboración de todos os axentes sociais nas actuacións que se realizan e, promovendo, a sensibilización social a favor da colectividade inmigrante.
Na consecución destes obxectivos, a SecretarÃa Xeral de Emigración procurará buscar liñas de cooperación con distintas entidades que teñan estes mesmos fins, como é o caso da Cruz Vermella, que promove accións na procurar dunha convivencia multicultural e a favor da tolerancia, loitando contra a xenofobia.
Na actualidade, a Cruz Vermella dispón dunha relevante estrutura ao servizo da integración das persoas inmigrantes e conta cunha acreditada experiencia neste eido, froito do desenvolvemento de distintos programas a favor da integración social dos inmigrantes.
Accións que se desenvolverán
AsÃ, ao abeiro do convenio que será asinado proximamente entre a Xunta e a Cruz Vermella, esta ONG encargarase de contribuÃr a unha maior sensibilización social sobre as necesidades de integración intercultural e de integración sociolaboral dos inmigrantes.
Asà mesmo, a Cruz Vermella encargarase de achegar á cidadanÃa unha imaxe positiva do feito migratorio, dos inmigrantes como portadores de innovación, riqueza e diversidade cultural, creando un estado de opinión que sexa favorable á inmigración e o retorno.
Encargarase tamén a ONG de divulgar entre a opinión pública valores antirracistas e principios de igualdade máis solidarios que permitan combater a discriminación cultural, étnica ou racial. Para o desenvolvemento destas accións, a Cruz Vermella imprimirá material informativo do tipo carteis, trÃpticos ou folletos; e insertará mensaxes en prensa, radio e televisión durante o mes de decembro, por considerarse as datas máis axeitadas de cara á sensibilización da poboación.
Gabinete de Comunicación da SecretarÃa de Emigración da Xunta de Galicia, 2005-12-15
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.