O venres 16 celébranse os Diálogos sobre Linguas e Sociedades 2005 organizados pola Fundación Carlos Casares
A organización conta co patrocinio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e a colaboración do Vicerreitorado de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo
O 16 de decembro, en xornada única, vanse celebrar nas instalacións da Universidade de Vigo (As Lagoas-Marcosende, Edificio Miralles, sala 4) un encontro denominado Diálogos sobre Linguas e Sociedades 2005, que organiza a Fundación Carlos Casares co patrocinio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e a colaboración do Vicerreitoratado de Relacións Institucionais da universidade viguesa. Coordinados polo membro do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares e profesor de FiloloxÃa da UdV, Anxo Lourenzo, e o filólogo e secretario da Fundación HÃ¥kan Casares, esta primeira edición dos Diálogos versará sobre “Diversidade lingüÃstica e intervencions: As polÃticas da diversidade e a diversidade das polÃticas”, e contará como ponentes con profesores Abram De Swann, da University of Amsterdam, que falará de Unha ollada sobre o estado da diversidade lingüÃstica no planeta; Joan A. Argenter, da Universitat Autónoma de Barcelona, coa ponencia
A diversidade lingüÃstica: datos, discursos e polÃticas; Mauro A. Fernández, da Universidade da Coruña, para falar de Argumentos e contraargumentos sobre a diversidade lingüÃstica; Francisco Moreno, da Universidade de Alcalá de Henares, coa intervención Imperialismo lingüÃstico; e o profesor da Universadade de Santiago de Compostela, membro do Consello Asesor da FCC e secretario do Consello da Cultura Galega Henrique Monteagudo, que pechará os Diálogos coa comunicación Estandarización vs. diversidade? Un dilema das linguas minorizadas.
Está prevista a asistencia dunha cumprida representación de especialistas e persoas vencelladas á sociolingüÃstica de toda Galicia, profesores e alumnos de filoloxÃa, responsables de departamentos de Normalización LingüÃstica de concellos e institucións, etc. que foron convidados expresamente pola Fundación Carlos Casares para este evento.
Pedro X. Blanco Llano, 2005-12-15
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.