Notas de prensa

O presidente da Xunta compromete a presentación no plazo de seis meses dun Plan Territorial Integrado do Litoral

* Reuniuse con todos os alcaldes da Mariña para coñecer de primeira man as necesidades da comarca * Anuncia a elaboración dun Plan Integral de abastecemento e saneamento de augas * Comprométese a dar un forte impulso a vía de alta capacidade de San Cibrao con Ferrol e a conexión interior Viveiro-Cabreiros * Anuncia que o Goberno galego levará ao Cumio de Asturias un proxecto de desenvolvemento turístico conxunto

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse con todos os alcaldes da Mariña a que o desenvolvemento do urbanismo nesta comarca se fará de forma concertada dende a ordenación e protección da costa, mediante un Plan Territorial Integrado do Litoral que se presentará no Parlamento nos primeiros seis meses do 2006.

O presidente do Goberno amosouse convencido de que este plan permitirá rematar cos problemas de ordenación urbanística da zona xa que ten como obxectivo racionalizar o crecemento residencial, turístico e doutras actividades no litoral galego, promovendo o asentamento en zonas máis afastadas da costa; diminuír o volume edificable e suavizar a tipoloxía construtiva na costa, procurando integrar os inmobles no contorno; e coordinar, especializar e complementar as actividades dos portos, entre outras.

Touriño salientou que o Goberno está a actuar neste momento na erradicación das prácticas abusivas sobre o que é, e debe seguir sendo, patrimonio de todos os galegos e galegas: o respecto polo territorio e a súa explotación racional e sustentable.

Plan de saneamento

Touriño, que quixo coñecer de primeira man as necesidades e demandas de A Mariña, manifestou o seu compromiso de apostar polo crecemento e a mellora da calidade de vida desta comarca.

O presidente da Xunta anuncioulles ademais que o Goberno galego elaborará un plan integral en materia de abastecemento e saneamento para toda a comarca para rematar cun dos problemas máis comúns a todos os concellos desta zona. O responsable do Goberno galego sinalou ademais que os presupostos da Xunta permitirán mellorar a calidade e potenciar os servizos educativos e sanitarios da comarca.

Desenvolvemento turístico

Touriño que deixou claro o compromiso do Goberno que preside por aproveitar “as enormes potencialidades” que ten esta comarca en materia de turismo, anuncioulles que o Goberno galego levará ao Cumio que se celebrará en xaneiro co Goberno de Asturias unha proposta de desenvolvemento turístico integral concertado entre A Mariña e Asturias.

Infraestruturas

O presidente do Goberno salientou a importancia que terá para a comarca o compromiso do Goberno galego de dar un forte impulso a vía de alta capacidade de San Cibrao con Ferrol que enlaza coa autovía do Cantábrico a través do corredor San Cibrao- Barreiros e a conexión interior Viveiro-Cabreiros que enlaza coa autovía Ferrol- Vilalba.

NotaNeste senso destacou tamén o compromiso do Ministerio de Fomento de licitar de forma inmediata os oito tramos pendentes da Autovía do Cantábrico en Galicia co obxectivo de que en 2006 estean en obra todos os treitos da autovía.

Alcaldes asistentes á xuntanza

à reunión que se celebrou na residencia oficial do Presidente en Monte Pío asistiron os alcaldes de Trabada, José Maria Yanes Ginzo, Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra López, A Pontenova, Enrique Fernández González, O Viñedo, José Jesús Novo Martínez, Xove, Jesús López González, Mondoñedo, Luis Isidro Rego Valcarce, O Valadouro, Eulogio Fernández Sampayo, Ribadeo, Balbino E. Pérez Vacas, Foz, José María García Rivera, Viveiro, Melchor Roel Rivas, Barreiros, Luis Fraga Leiro, Cervo, José Insua Pernas, Burela, José María González Barcia, Alfoz, Antonio Gómez Rigueira e Ourol, Guillermo Salgueiro Abad.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES