Notas de prensa

ADEGA demanda das administracións e da cidadania medidas que contribuan a un nadal máis ecolóxico

O nadal é a época do ano nas que máis aumenta o consumo, especialmente de enerxía e de producción de residuos.

Nas últimas decadas o nadal pasou de ser unha celebración sinxela e “austera” a converterse na máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e insolidaria, co planeta e cos seres que nel habitan. Se a sociedade occidental é coñecida como a sociedade do consumo, en nadal convértese nunha sociedade hiperconsumista.

Dende ADEGA cremos que estas datas, máis que nunca, temos que pensar dende un punto de vista ecolóxico a hora de celebrar estes dias.

En nadal xenérase un gasto enerxético superior ao do resto do ano así como un maior consumo de productos e produción de residuos.Desde mediados ou xa desde comezos de novembro chegan ás nosas casas ducias de folletos e revistas publicitarias invitándonos a consumir Producimos entre un 50 % e un 75% máis dos residuos habituáis. Un “lixo de luxo” constituido por envases e embalaxes son da mellor calidade que nos poidamos atopar no mercado, laziños multicores, paquetes “etiqueta ouro”, caixas de madeira para as cestas… no que como unha metáfora de nosa sociedade, prima o continente ao contido, a apariencia á esencia.

ADEGA recorda que os e as responsables somos todas; as administracións e a cidadania, polo que debemos esixir normativas serias que reduzan o despilfarro. Pedir bombillas de baixo consumo ou microbombillas para o alumeado público, limitar as horas de encendido, etc, no tema enerxético, ou demandar ordenanzas de residuos rigurosas, que incidan na responsabilidade dos comerciantes no tema dos embalaxes, ordenanzas municipais que impidan que chegue esa publicidade masiva a quen non a solicitou.

A solución ao problema non é nova, esta pasa pola aplicación dos tres erres. Ou mesmo agora que esta tan de moda engadirlle erres, aos tres “tradicionais”, poderiamos falar de Re-flexión, Re-pensar o que precisamos e cuestionarmos todo o que supón o noso consumo xa que a excesiva acumulación de “cousas” leva a non valorar o que se ten.

à hora de aplicar os erres non deberíamos facelo de maneira perversa, é dicer comenzando polo R final, de reciclaxe, mercando e xenerando residuos sen control, “xa que logo se van reciclar”. O R de reducir é o máis importante (por algo vai de primeiro), xa que se non reducimos o consumo difícilmente solucionaremos problemas como o da esquilmación dos recursos, a contaminación derivada da transformación das materias primas así como o transporte e os residuos xenerados polos productos que mercamos, en definitiva mais ben-estar non quere decir mais ben-ter.

Ideas para un Nadal máis ecolóxico

Na casa:

- Reutiliza o papel de agasallo, louvate de telo feito e convida as demais persoas a que o fagan
- Pacta o intercambio de agasallos, evitarás despois do nadal cousas innecesarias e inútiles
- Tenta empregar obxectos sen pilas, de facelo procura que sexan recargables

Na mesa.

- Que o teu bandullo non devore o planeta, muitos dos productos postos na mesa nestas datas (piñas, langostinos…) proceden de monocultivos ou explotacións antiecolóxicas que acaban coa biodiversidade do planeta
- Merca alimentos ecolóxicos, pola tua saude, a d@s labreg@s e a do planeta
- Dende a tua mesa, apoia proxectos ecolóxicos e solidarios, entre outros hai turróns artesanais, e chocolates de comercio xusto

De compras:

- Evita os embalaxes, rexeita bolsas, lazos e etiquetas
- Fai agasallos artesanais
- Os agasallos sen pilas son máis creativos e non producen residuos perigosos
- Animais de compañía, gatos, cadelos son seres vivos, non xoguetes. Os cadelos acaban medrando..... e moitas veces abandonados
- As mascotas (tartarugas, iguanas, cotorras, etc) tamén acaban abandonadas en calquera lugar, converténdose nunha causa de perda de biodiversidade
- Organízate para non ter que levar o coche a compra (os reis magos tampouco o empregaban). Vai camiñando, en bici ou en bus
- Móviles e outros electrodomésticos; realmente precisas mudalo ou o precisan as compañias?

Nas festas:

- Que ao rematar non pareza unha esterqueira. Non empreges vasos, platos, etc de usar e tirar, controla o volume da música, coloca contentores para distintos residuos e reutiliza os refugallos. Non compres mais productos dos necesarios: se non sobra nada, mellor.

Adega , 2005-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES